En www.gulans.com atoparaste con universos ben distintos. Por unha banda coñecerás un pouco millor esta pequena localidade do concello de Ponteareas na provincia de Pontevedra, as súas xentes, lugares fermosos, persoeiros singulares...
Guláns é coñecida universalmente pola súa Banda de Música “A Unión”, con máis de cen anos de historia.
O ano 2002 é tristemente célebre en Galicia por ser o ano do “Prestige” ( que fatalidade!!, ate o nome é un despropósito), nesta web atoparás centeares de fotos que nos mostran a dimensión da catastrofe.
A música clásica no podia faltar na web dun frautista, polo tanto poderas escoitar a frauta travesa en moi diferentes estilos e formacións.
A fotografía de autor está presente nesta web a traves dunha páxina con diferentes albums que nos mostran o noso pais dende ópticas ben diferentes.
Que sexades tod@s benvid@s.