Percorrido

L1156401-2

O vindeiro Domingo 31/03/2019

V Andaina de Guláns

Guláns – Ponteareas – Pontevedra

------------------------------------------------------------------------------

Distancia 25km

Saída ás 9/h

Proba de regularidade (sistema individual) (Puntuará no Open 25km) Percorrido circular con inicio e fin no Centro Cultural de Guláns. (Parque da Visoureira)

Org.: Asociación Artístico Cultural de Guláns – C.M.Xistra - Fed. Galega de Montañismo - 

Andainas 25KM

Concello de Ponteareas

Proteccion civil de Ponteareas.

-----------------------------------------------------------------------------------

Distancia 12km

Asequible para tódolos públicos.

Saída ás 10/h

-----------------------------------------------------------------------------------

NORMAS PARA A COPA DE ANDAINAS DE 25KM

V OPEN DE ANDAINAS POPULARES
(COPA DE ANDAINAS DE REGULARIDADE)
DISTANCIA 25 km

PROGRAMACIÓN

Probas para 2019:

4 Probas (aberto a novas incorporacións).

Datas:

Segundo calendario. Domingos entre xaneiro e decembro.

18/03/2018 – Guláns – Andaguláns

30/09/2018 – Rianxo – C.M. do Barbanza Vintedouspés

28/10/2018 – Ponteareas – Concello de Ponteareas

11/11/2018 – Tui – C.M. Xistra

ACTIVIDADE

O obxectivo é premiar ós deportistas que manteñan unha velocidade de marcha máis regular e que realicen as marchas dentro do tempo límite. Nestas probas non está permitido correr.

Consiste en marchas cronometradas en distancia fixa de 25 km, con controis intermedios cada 6,25 km aproximadamente, limitadas mediante un tempo máximo e mínimo, de trazado circular, abertas tanto a montañeiros federados coma a deportistas populares.

Para evitar interferir coa “Copa Galega de Andainas de 50 km” esta “Copa de Andainas de

Regularidade de 25 km” será realizada en datas non coincidentes.

A primeiros de xaneiro será establecido o calendario de probas anual. A Copa de Andainas de Regularidade constará de un mínimo de 4 probas e un máximo de 12, celebrándose dentro do ano natural.

Poderán participar deportistas con 14 ou máis anos, pero os menores de 18 deberán ir sempre acompañados en todo momento polos seus titores, sendo estes os únicos responsables dos menores. As organizacións non se farán responsables de ningún menor.

Cada participante recibirá a súa puntuación de regularidade por proba. Só contarán para a

puntuación as probas rematadas entre o tempo mínimo e o máximo puntuable, na que o participante teña pasado por tódolos puntos de control e non fose descualificado en ningún punto do percorrido.

Os eventos poden ter outras probas de menor distancia, pero non computarán para esta competición.

SAÍDA, CONTROIS INTERMEDIOS E CONTROL FINAL

As probas serán realizadas os domingos. Non está permitido correr.

O horario de inicio será as 09:00h a.m.

A saída será sempre en liña, salvo que por fundados motivos de organización sexa preciso realizala por bloques ou quendas.

O tempo mínimo para realizar os 25 km será de 4 horas (6,25 km/h)

O tempo máximo será de 6 horas (4,2 km/h).

Coma novidade de 2018 a puntuación para os tempos medios só será tomada en conta nos participantes que cheguen entre as 4 horas e as 5:30 horas (tempo máximo puntuable). Os participantes que pasen das 5:30 horas e cheguen antes das 6 horas obterán unha puntuación penalizada, pero non serán descualificados. Os que sobrepasen as 6 horas non puntuarán.

Os tres (3) controis intermedios estarán distribuídos cada 6,25 km aproximadamente. En función da distancia e das velocidades máxima e mínima permitidas estableceranse fiestras temporais de apertura e peche de cada control.

Os deportistas que cheguen antes da hora de apertura ou despois da hora de peche a calquera control quedarán descualificados e perderán o dereito a puntuar nesa proba.

O control final, en función da distancia real da proba, abrirá aproximadamente ás 13:00h e pechará ás 15:00h.

No control final tódolos deportistas que estean clasificados nas probas oficiais de 25 km recibirán un diploma co seu nome e o tempo realizado.

Aqueles deportistas que desexen abandonar a proba deberán achegarse ata un control e

notificar o seu abandono.

PREMIOS

Por ser unha proba tipo OPEN non haberá distinción entre deportistas federados e non federados. Tampouco haberá distincións por sexo ou idade. Competirán todos contra todos.

PREMIOS POR PROBA

Estableceranse 3 premios por proba como máximo.

1º – Primeiro clasificado: o que obteña a puntuación máis próxima a 100 puntos de regularidade.

2º – Segundo clasificado: o que obteña a seguinte puntuación máis próxima a 100 puntos.

3º – Terceiro clasificado: o seguinte en orde máis próximo a 100 puntos.

En caso de empate en regularidade podería haber dous ou máis premiados por clasificación.

Estas puntuacións serán presentadas despois da finalización da proba, realizándose os cálculos só cos datos dos participantes que rematen entre as 4 e as 5:30 horas.

Os trofeos serán sufragados pola organización da propia proba.

PREMIOS DA COPA

Estableceranse 3 premios como máximo para a Copa de Andainas de Regularidade de 25 km “Open de Andainas Populares”.

Os puntos serán a suma das mellores puntuacións acadadas polos deportistas no conxunto de tódalas probas do ano. Para anos onde haxa oito (8) ou máis probas, só se terán en conta os resultados das oito (8) mellores clasificacións de cada deportista.

En 2018 tódalas probas son puntuables e non se descartan na suma de clasificacións.

1º – Primeiro clasificado da Copa: o que obteña a suma máis alta da puntuación, con independencia do número de probas realizadas.

2º – Segundo clasificado da Copa: o que obteña a seguinte puntuación.

3º – Terceiro clasificado da Copa: o seguinte en orde de puntuación.

En caso de empate en regularidade podería haber dous ou tres primeiros clasificados ou tamén dous segundos. Nestes casos só serían entregados 3 premios eliminándose os de inferior rango.

Estas puntuacións serán publicadas en Internet na semana posterior á finalización da última proba da Copa.

Os trofeos serán sufragados entre tódolos organizadores das probas do ano e entregados polo Coordinador da Copa, ben na última proba do calendario ou ben nun acto social que será convenientemente publicado.


PARTICIPANTES

A recollida de dorsais será entre as 8:00 e as 8:45. saída será as 9:00h


* Aconsellase levar unha pequena mochila con útiles, como: tfno. móbil, chuvasqueiro, gafas de sol, cremas, tiriñas, viseira, … e calzado que suxeite ben o pe.

* Recoméndase non saltar os avituallamentos e facelos en pequenas cantidades.



* Tódolos participantes, polo feito de formar parte da proba, aceptan as condicións da organización.



* Tódolos participantes, polo feito de formar parte da proba, aceptan as condicións da organización.

Descarga o cartaz da proba


Comida ao final da Andaina a base de “callos” e demáis delicatesen propias da comarca.

-----------------------------------------------------------------------------------


V - Andaina de Guláns 2019 - (Percorrido longo. 25Km)

https://www.sports-tracker.com/workout/sitosoto850/58972878f17572715193a1fc

Andaina guláns 17 25km



V - Andaina de Guláns 2018 - (Percorrido corto. 12km)