Escola de Música Berenguela

 
 

Aula de escoita e comprensión musical para adultos. Impartida por:

Emmanuelle Janisz Piel.


Aula de escoita e comprensión musical para adultos


O obxectivo principal é permitir a calquera persoa con interese pola música descubrir, sin necesidade de coñecementos musicais previos, os secretos das composicións musicais. Teremos como eixo os concertos da Real Filharmonía de Galicia. Escoitaremos o programa do concerto e coñeceremos o contexto da obra e os seus distintos aspectos. O desenvolvemento da asignatura sería en 3 sesións dunha hora semanal aproximadamente e o concerto, é dicir, que se preparará unha actuación da RFG ao mes.

Desenvolvemento da clase

  1. oAlgúns aspectos biográficos do autor. Breve introducción con algunhas notas biográficas do autor, contadas de xeito ameno e divertido.

  2. oA composición: Forma (sinfonía, concerto...) e instrumentación.

  3. oContexto da obra. Tratarase, sempre que se poida, de buscar o porqué da obra e por qué xurdeu nese determinado momento, qué inspirou ao autor a compoñela, o seu contexto histórico, social e musical, etc.

  4. oAudición das obras. Explicaránse os puntos de referencia auditivos. En primeiro lugar, presentaranse os temas importantes e logo tratarase de espertar a imaxinación dos alumnos. Pretendese que eles describan os seus sentimentos, o que perciben, o que lles suxire  a composición…

Non é necesario ter coñecementos musicais previos. O obxectivo é achegar a música ao alumno, que non se quede a distancia do que escoite. Tratase así mesmo de involucrar novos aspectos na súa mente, emocións que poden acoplarse perfectamente á música e que lle permitirá intimar coa obra.



Emmanuelle Janisz Piel, piano


Nacida en Toulon (Francia), comezou os seus estudos musicais aos 11 anos, no Conservatorio Nacional de Toulon, co profesor René-Pierre Faedda, onde gañou premios en teoría musical, piano e música de cámara. En 1998, completou a súa formación realizando o Ciclo Superior no Conservatorio Nacional d'Aix en Provence con Michel Leduc, recibindo premios en música de cámara e piano. Continuou a súa formación pianística asistindo ás clases de Mireille Faye-Mora, Gery Moutier, Pierre Pontier (Conservatorio de Lyon), Olivier Gardon e Alain Meunier (Conservatorio Superior de París). De 1996 a 1998 foi compoñente e fundadora do "Cuarteto Romántico", ofrecendo numerosos concertos por toda Francia.

A esta formación instrumental súmase a licenciatura en musicologia.

Desde 2002 vive en Galicia, onde se dedica principalmente ao ensino de piano, pero sen abandonar o seu traballo como solista. Tocou en diferentes ocasións coa RFG e foi pianista acompañante na Escola de Altos Estudos Musicais. Colabora a miúdo coa Camerata Quiodi en concertos didácticos, e tamén participou no Festival de Lugo, en conxuntos de cámara.

 

© 2012 berenguelamúsica.com-Tódolos dereitos reservados

A Escola de Música Berenguela

As nosas fotos


Profesores



Alumnos



Varios



Contacto:

Escola de Música Berenguela

Praza de Feixóo, nº 1-1º

15704 Santiago de Compostela

Tfno e Fax: 981 57 35 80

Mail: Berenguela






 
Inicio

A Escola

Equipo directivo

Profesores

Materias 

Asociación Musical Berenguela

Royal Schools of Music

Cursos e Seminarios

Concertos

Album de fotos

Video

Outras actividades

Colaboracións

Matrícula

Contacto

Enlaces

Reflexiónsinicio.htmlA_Escola.htmlDireccion.htmlPROFESORES.htmlMaterias.htmlAsociacion_Bernguela.htmlAsociacion_Bernguela.htmlRoyal.htmlCursos.htmlConcertos.htmlAlbum_ALUMNOS.htmlVideo.htmlOutras_acti.htmlColaboracions.htmlMatricula.htmlContacto.htmlEnlaces.htmlReflexions.htmlshapeimage_7_link_0shapeimage_7_link_1shapeimage_7_link_2shapeimage_7_link_3shapeimage_7_link_4shapeimage_7_link_5shapeimage_7_link_6shapeimage_7_link_7shapeimage_7_link_8shapeimage_7_link_9shapeimage_7_link_10shapeimage_7_link_11shapeimage_7_link_12shapeimage_7_link_13shapeimage_7_link_14shapeimage_7_link_15shapeimage_7_link_16shapeimage_7_link_17