Escola de Música Berenguela
Escola de Música Berenguela
Nacida en Palma de Mallorca comeza os seus estudos musicais en Ferrol con Corina Carregado, para ingresar posteriormente no conservatorio da Coruña coa profesora Natalia Lamas.
Obtén o titulo superior de piano en Santiago de Compostela baixo a dirección de pianistas como Nicasio Gradaille e Ángel González.
Participa en numerosos cursos de técnica e interpretación pianística con Manuel Carra, Cecilio Tieles, Lidya Stratulat, Alfredo Oyaguez e Almudena Cano, e de pedagoxía de linguaxe musical con Ana María Navarrete.
Acode á unidade de atención temperá do C.H.U.S. coa logopeda Concha Rodriguez para a rehabilitación de nenos con hipoacusia e implantes cocleares como tamén a un curso de técnica e rehabilitación auditiva coa logopeda arxentina Hilda Furmansky
En 1992 forma parte da asociación musical Schubertiada como directiva.
No ámeto docente impartiu clases no conservatorio de Aguiño (Ribeira) de 1990 a 1992 copaxinando con diversas substitucións para o conservatorio superior de Santiago.
En 1992 comenza como profesora de piano e Linguaxe Musical no colexio Manuel Peleteiro ata o 2004.
Continua traballando para diversas ANPAS en actividades infantís de 3 a 6 anos e como profesora substituta na Escola Municipal de Santiago (2008-2009 ) impartindo música e movemento en nenos, piano e Iniciación á Música para nenos, adolescentes e adultos.
Na actualidade acaba de deseñar un programa enfocado cara ao estímulo musico-artístico para a 3ª idade.
Begoña Prado Piñeiro
Profesora de Linguaxe Musical e piano
© 2012 berenguelamúsica.com-Tódolos dereitos reservados