Escola de Música Berenguela

 
 


Clases de Canto, técnica vocal e técnica respiratoria, impartidas por:

Ramón Vázquez García.

Clases de Canto

Clases de técnica vocal e técnica respiratoria


As clases serán una experiencia sumamente liberadora, ao ser a voz un importante canle de comunicación e expresividade. O obxectivo é liberar a propia voz.

Ista é una técnica flexible e que proporciona saúde e resistencia vocal.

É válida para calquer estilo: heavy, rock, pop, jazz, renacemento, barroco, clásico... Non se precisa ter coñecementos musicais previos. Así mesmo está adicado a calquera persoa que utilice a súa voz como método de traballo, como profesores, conferenciantes etc.

Traballanse os seguintes aspectos:


  1. oConsciencia Corporal e Respiratoria. Exercicios respiratorios.

  2. oRelaxación e estiramentos de todo o sistema vocal: labios, lingua, colo, ombros, mandíbula...

  3. oTonificación muscular do sistema vocal: abdome, cordas vocais, intercostais, lingua, labios,...

  4. oRelación aire-voz-corpo. A voz como un fluir constante. “Permitir saír a voz”.

  5. oEspontaneidad e flexibilidade vocal.

  6. oExercicios de focalización. O eixo da voz.

  7. oResoadores. Cómo espertar e activar estas cavidades de resonancia. Proxección sonora.

  8. oDicción correcta.

  9. oEntrenamento auditivo.

  10. oLectura de partituras.

  11. oRehabilitación de problemas vocais.

  12. oDramatismo interpretativo.



RAMÓN MARÍA VÁZQUEZ GARCÍA, Contratenor e profesor de canto e técnica vocal


Natural de Santiago de Compostela. Licenciado en Canto Medieval, Renacentista, Barroco e Música Antiga pola Escola Superior de Música e das Artes do Espectáculo, ESMAE, en Oporto(Portugal), onde estudou con Magna Ferreira(canto, interpretación), Peter Harrison(técnica vocal), e Pedro Sousa Silva e Ana Mafalda Castro(Música de Cámara) entre outros.

Con 12 anos comeza os seus estudos co franciscano e músico Manuel Feijóo, sendo neno soprano nas misas da TVG. En 1997 empeza a estudar con Mercedes Hernández. En 1999 realiza o seu primeiro concerto en solitario, para a Asociación Galega de Lírica Teresa Berganza. Masterclasses con Richard Levitt na Academia de Música Antigua de Salamanca nos años 2006 e 2007. Puntualmente tivo outros profesores: David Mason, Carlos Mena, José Hernández, Ingeborg Danz, Lambert Clíment, Cristina Miatello, Helena Lazarska, Rosa Vázquez, Fernando Reyes, Rui Taveira, Helena Afonso, Jill Feldman. Actualmente finaliza o Master Degree en Canto Barroco na Esmae, con Magna Ferreira.

Desde xaneiro de 2008 ata agora estuda intensamente Técnica Vocal en clases privadas con Peter Harrison, un experto mundialmente recoñecido. Durante o año 2009 asiste a clases de Técnica Vocal no “Estudo Passos de Voz” en Oporto, co profesor João Henriques, especialista en teatro musical. Estudia técnicas psicocorporais como Interpretación Escénica con Catarina Costa e Silva, Babaji´s Kriya Yoga con Nacho Albalat, e Técnica Alexander con Donald Kirkley.

No 2006 funda o grupo Cordayre, cantando Renacemento inglés e Barroco italiano, participando en varias edicións do Festival Via Stellae. Entre 2007 e 2009 traballou para Matarile Teatro, dirixido por Ana Vallés e Baltasar Patiño, cantando no espectáculo “Animales Artificiales”, co que realizou 40 actuacións por toda España, Portugal e Francia, gañando o Premio do Público do prestixioso Festival Don Quijote, de Artes Escénicas Ibéricas en París, no ano 2008. Cantou co grupo “Amar contra o Silêncio”, coa Orquestra Barroca da Esmae; os Membra Jesu nostri de Buxtehudee e o Concerto Renascentista. Tamén traballou con James Ross, Miro Moreira, Bruno Forst, Jean-Louis Comoretto... e colabora habitualmente con a organista María José Cerviño. No ano 2010 únese ao grupo “I Colori dell`Armonia” e ao grupo “Helenes”. Recentemente cantou con Capilla de Extravagantes no Compostela Organum Festival, con quen vai gravar un CD para a Junta de Aragón.

Realiza concertos e actuaciones por toda España, Portugal e Francia. Realizóu grabacións para TVG, Radio Galega, Antena2 portuguesa, programas culturais da TVE. Desde 2007 é profesor de canto(clásico, barroco, zarzuela, heavy, pop-rock) e técnica vocal na Escola de Música Atempo, e desde 2011 na Escola de Música Berenguela. Foi profesor de Canto(pop-rock) en “Son de Estrelas”(TVG), e profesor de Canto e director Coral na Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela.

© 2012 berenguelamúsica.com-Tódolos dereitos reservados

A Escola de Música Berenguela

As nosas fotos


Profesores



Alumnos



Varios



Contacto:

Escola de Música Berenguela

Praza de Feixóo, nº 1-1º

15704 Santiago de Compostela

Tfno e Fax: 981 57 35 80

Mail: Berenguela


 
Inicio

A Escola

Equipo directivo

Profesores

Materias 

Asociación Musical Berenguela

Royal Schools of Music

Cursos e Seminarios

Concertos

Album de fotos

Video

Outras actividades

Colaboracións

Matrícula

Contacto

Enlaces

Reflexiónsinicio.htmlA_Escola.htmlDireccion.htmlPROFESORES.htmlMaterias.htmlAsociacion_Bernguela.htmlAsociacion_Bernguela.htmlAsociacion_Bernguela.htmlRoyal.htmlCursos.htmlConcertos.htmlAlbum_ALUMNOS.htmlVideo.htmlOutras_acti.htmlColaboracions.htmlMatricula.htmlContacto.htmlEnlaces.htmlReflexions.htmlshapeimage_7_link_0shapeimage_7_link_1shapeimage_7_link_2shapeimage_7_link_3shapeimage_7_link_4shapeimage_7_link_5shapeimage_7_link_6shapeimage_7_link_7shapeimage_7_link_8shapeimage_7_link_9shapeimage_7_link_10shapeimage_7_link_11shapeimage_7_link_12shapeimage_7_link_13shapeimage_7_link_14shapeimage_7_link_15shapeimage_7_link_16shapeimage_7_link_17shapeimage_7_link_18