Escola de Música Berenguela
Escola de Música Berenguela
Nada en Guitiriz (Lugo), comeza os seus estudos de violín no conservatorio de Santiago de Compostela con Laura Quintillán e Robert Plasche e posteriormente é becada pola Xunta de Galicia para formar parte da Xoven Orquestra de Galicia da que é membro fundador. Posteriormente trasládase a Barcelona onde estuda no Conservatorio Superior de Música do Liceo con Evelio Tieles, obtendo o seu Título de Profesor. Ó mesmo tempo comeza a súa actividade pedagóxica na Escola Municipal de Música de L’Hospitalet del Infant (Tarragona) e no colexio Canigó (Barcelona). En 1993 viaxa a Canadá onde forma parte da Kamloops Simphony Orchestra e da Prince George Simphony Orchestra (British Columbia).
En 1994 trasládase ao Reino Unido, onde foi profesora de violín na East Sussex County Music School, continuando ó mesmo tempo a súa formación coa profesora Nona Liddel e realizando un curso de educación musical no Trinity College de Londres baseado no estudo comparativo dos métodos Suzuki, Rolland e Nelson. No mesmo período, tamén traballa como profesora asistente na Handel String Orchestra (orquesta junior, Sussex) e foi directora do Brighton Youth Orchestra Elementary Group (Brighton). Ao mesmo tempo, forma parte da orquesta de cámara Musicians all Saints (Lewes, Sussex), dirixida por Andrew Sherwood.
De volta en España, traballa desde 1997 na Escola de Música Berenguela de Santiago de Compostela, sobre todo no ámbito do ensino elemental de corda. Así mesmo, participa como profesora de violín nos cursos musicais de verán para nenos que, entre os anos 2000 e 2006, organizou a Escola de Música Berenguela no Mosteiro de Sobrado dos Monxes (A Coruña).
Acude con asiduidade a Aula de Música da Universidade de Alcalá de Henares, asistindo a cursos de pedagoxía impartidos por algúns dos pedagogos de corda máis prestixiosos do mundo como Mimí Zweig, Heidi Castleman, Vartan Monoogian, Sergio Castro, Ana Baget, Sheila Nelson, Koen Rens e Geza Szilvay, entre outros. Nos últimos anos traballou como profesora de violín no Conservatorio de Musica de Santiago en donde dirixiu a Orquestra Elemental de Corda e participou en proxectos como “Universo de Sons” —para a difusión dos instrumentos máis descoñecidos entre os nenos—, “Música e arte no século XX” —para a difusión da música e arte contemporáneas entre os alumnos de elemental— e “Acude e Educa” —para a difusión do violín entre os máis pequenos—. Na actualidade é profesora de violín no Conservatorio Profesional de A Coruña.
Elena López-Felpeto Paz - Profesora de Violín
© 2012 berenguelamúsica.com-Tódolos dereitos reservados
