Escola de Música Berenguela

 
 


Pianista, organista e compositor. Nacido en Santiago de Compostela. Completou a súa formación musical nos conservatorios de Santiago de Compostela, Oviedo, e na Universidade Carnegie Mellon de Pittsburgh, onde estudou piano, composición e órgano cos mestres Leonardo Balada, Martin Bresnick, Christopher Theofanidis ou Aaron Kernis (composición) e Antonio Díaz Corveiras e Donald Wilkins (órgano). Na actualidade é doctorando na Universidade de Yale.

A música de Fernando Buide abrangue dende o xénero camerístico ao sinfónico, incluíndo música coral e para banda. As súas obras foron presentadas por orquestras como a Sinfónica de Pittsburgh, Sinfónica de Minnesota, Filharmónica de Yale, Filharmónica Carnegie Mellon, New Music New Haven, Sinfónica de Galicia ou a Real Filharmonía de Galicia. O traballo de Buíde tamén inclúe proxectos interdisciplinares como o realizado en colaboración co artista gráfico Ingo Offermans. En Galicia recibiu encargos do Festival Mozart, o Festival Vía Stellae ou o ensemble S@X21.

Tamén Foi profesor de harmonía e análise nos conservatorios de Vigo e A Coruña e na Universidade de Yale.

 

Fernando Buíde del Real

© 2012 berenguelamúsica.com-Tódolos dereitos reservados

↰PROFESORES.htmlCursos.htmlshapeimage_2_link_0