Escola de Música Berenguela

 
 


    A ESCOLA DE MÚSICA BERENGUELA E A ASSOCIATED BOARD OF THE ROYAL SCHOOLS OF MUSIC


    



    A Escola de Música Berenguela está integrada dende o ano1999 na red de exámenes da Associated Board of the Royal Schools of Music, o principal e máis prestixioso organismo internacional de exámenes de música que na actualidade desenvolve a súa actividade en máis de 80 países dos cinco continentes, ofrecendo exámenes en 35 instrumentos, canto e teoría musical para estudiantes de tódalas idades.


    



    Este tipo de examen é voluntario e o único requisito previo é pagar un dereito de inscrición (que dependendo dos niveis oscila entre os 29 € e os 80 €), preparar un programa específico que é facilitado pola Escola e facer o examen. Os programas de examen comezan cunha proba preparatoria, deseñada para ofrecer unha avaliación positiva para alumnos que leven entre seis e nove meses de clase. O resto dos niveis comezan co Grado 1 subindo progresivamente en orde de dificultade ata o Grado 8.


    Despois do Grado 8, os alumnos que o desexen podrán acceder ó examen de Nivel Avanzado. Este examen supón o requisito previo para presentarse ós exámenes de Nivel Superior ofrecidos polo Associated Board: os Diplomas de Licenciatura das Reais Escolas de Música. Os candidatos poden ser inscritos en calquera nivel, sen ter en conta a súa idade e sen ter superado outro nivel previamente, coa excepción do Grado 5 de Teoría, que debe ser superado obrigatoriamente para acceder ós niveis superiores a 6º das asignaturas de práctica instrumental e vocal.

    A ventaxa deste sistema é que o alumno pode familiarizarse cos exámenes dunha maneira non traumática, pode motivarse para traballar cunha meta concreta e o seu progreso persoal será xulgado por un grupo de músicos prestixiosos e independentes que foron seleccionados para preparar estos exámenes.



    Estos exámenes son compatibles coa preparación de cualquer outro examen dos conservatorios españois porque o número de pezas requerido non é excesivo e permite compatibilizarlos con outras pezas ou estudios que o profesor estime oportunos.



    As convocatorias de examen soen ser tres veces ó ano, anque a convocatoria á que concorren máis alumnos é a de maio-xuño. Nestas datas un profesor pertenecente á Associated Board... desprázase á Escola Berenguela para realizar os exámenes, ó final dos cales o alumno recibirá un certificado no que se comentarán exhaustivamente tódolos aspectos de dito examen: ritmo, lectura, técnica instrumental, musicalidade, etc. Entre 25 e 30 alumnos da Escola de Música Berenguela matricúlanse cada ano para efectuar o examen, obtendo unhos resultados altamente satisfactorios


Visite a páxina oficial: http://www.abrsm.ac.uk

Contacto: abrsm@abrsm.ac.uk

© 2012 berenguelamúsica.com-Tódolos dereitos reservados

A Escola de Música Berenguela

As nosas fotos


Profesores



Alumnos



Varios



Contacto:

Escola de Música Berenguela

Praza de Feixóo, nº 1-1º

15704 Santiago de Compostela

Tfno e Fax: 981 57 35 80

Mail: Berenguela



 
Inicio

A Escola

Equipo directivo

Profesores

Materias 

Asociación Musical Berenguela

Royal Schools of Music

Cursos e Seminarios

Concertos

Album de fotos

Video

Outras actividades

Colaboracións

Matrícula

Contacto

Enlaces

Reflexiónsinicio.htmlA_Escola.htmlDireccion.htmlPROFESORES.htmlMaterias.htmlAsociacion_Bernguela.htmlAsociacion_Bernguela.htmlCursos.htmlConcertos.htmlAlbum_ALUMNOS.htmlVideo.htmlOutras_acti.htmlColaboracions.htmlMatricula.htmlContacto.htmlEnlaces.htmlReflexions.htmlshapeimage_6_link_0shapeimage_6_link_1shapeimage_6_link_2shapeimage_6_link_3shapeimage_6_link_4shapeimage_6_link_5shapeimage_6_link_6shapeimage_6_link_7shapeimage_6_link_8shapeimage_6_link_9shapeimage_6_link_10shapeimage_6_link_11shapeimage_6_link_12shapeimage_6_link_13shapeimage_6_link_14shapeimage_6_link_15shapeimage_6_link_16shapeimage_6_link_17