Escola de Música Berenguela

 
 








Nace en Santiago de Compostela (1982). Inicia os seus estudios de música no Conservatorio de A Estrada (Pontevedra), con Pelayo Redondo (1990), continuándoos con Miguel A. Valle no Conservatorio Superior de Música de Santiago de Compostela, onde remata o grao superior con sobresaínte (2002)

Realiza cursos de perfeccionamento con Zoran Dukic, Ana Jenaro, José Manuel Fernández, Miguel Trápaga, Eduardo Baranzano, Ricardo Barceló, Alex Garrobé, Armando Marrosu, Marco Socías, Marco Smaili, Gerardo Arriaga e Anne Landa. Recibe clases de José Luis Rodrigo e actualmente continúa a súa formación con Margarita Escarpa, Ramón Carnota e Ricardo Gallén.

Foi premiado nos "Cursos Universitarios Internacionais de Música en Compostela" (Premio Andrés Segovia-Juan Miguel Ruíz Morales, 2004), "III e IV Concurso Internacional José Tomás- Villa de Petrer" (2º premio xuvenil, 2004 e 2005), "XVII Concurso Internacional de Guitarra de Cantabria" (1º premio, 2004), "62ª edición del Concurso Permanente de Jóvenes Intérpretes de Juventudes Musicales de España" (2º premio, 2004), "VII Concurso de Interpretación Villa de Salou" (1º premio, 2004), "Concurso de Novos Intérpretes Concello de Ortigueira" (2º premio, 2005) y XIII Concurso Internacional "Guitarras Admira" de Zarautz (1º premio, 2005).

Ofreceu concertos en diversas localidades de Galicia, Cantabria, así como unha xira polas Illas Baleares organizada por JJMM de España.

Actualmente é profesor de guitarra no Conservatorio Superior de Música de Oviedo.

Rubén Abel Pazos - Profesor de Guitarra

© 2012 berenguelamúsica.com-Tódolos dereitos reservados