Asociación Musical Berenguela

17 agosto foto




A Asociación Musical Berenguela, presidida por Mª José Cerviño Pérez, constituiuse en 1999, e ten como un dos seus obxectivos principais a formación musical. E para iso promove a organización de todo tipo de cursos, actividades, concertos, etc. que teñan como fin o desenvolvemento da arte musical en calquera das súas manifestacións. Pretende tamén a promoción dos músicos máis novos de cara a alcanzar a máxima profesionalización dos mesmos, axudando na medida das posibilidades ao perfeccionamento da súa faceta artística. 


Ó longo destes anos, no desenvolvemento de certas actividades, a AMB estableceu colaboracións co Vicerrectorado de Extensión Cultural da Universidade Compostelana, co Consorcio da Cidade de Santiago e a Igrexa das Ánimas.



Dende o ano 2006 a AMB promocionou e potenciou o estudo e a actividade concertística en relación ós órganos históricos da cidade de Compostela. 


Neste contexto levou a cabo as actividades seguintes:


- Concerto Inaugural do órgano restaurado da capela das Ánimas de Santiago, a cargo do organista Bruno Forst , 22 de xaneiro de 2006.


- Seminario de Órgano, impartido por Bruno Forst. Celebrado entre os anos 2005-2008 na igrexa da Universidade (en colaboración co Vicerreitorado de Extensión Cultural da Universidade de Santiago)


- Sábados Musicais na Capela das Ánimas, abril-xuño de 2006 (en colaboración co Consorcio da Cidade de Santiago)


- Compostela Organum Festival, nas súas edicións de 2007, 2008, 2009 e 2010  (en colaboración Consorcio da Cidade de Santiago).


© 2023 berenguelamusica.com - Todolos dereitos reservados