Aula de escoita e comprensión musical para adultos


Impartida por:


Emmanuelle Janisz Piel



O obxectivo principal é permitir a calquera persoa con interese pola música descubrir, sin necesidade de coñecementos musicais previos, os secretos das composicións musicais. Teremos como eixo os concertos da Real Filharmonía de Galicia. Escoitaremos o programa do concerto e coñeceremos o contexto da obra e os seus distintos aspectos. O desenvolvemento da asignatura sería en 3 sesións dunha hora semanal aproximadamente e o concerto, é dicir, que se preparará unha actuación da RFG ao mes. 


Desenvolvemento da clase


  1. Algúns aspectos biográficos do autor. Breve introducción con algunhas notas biográficas do autor, contadas de xeito ameno e divertido.
  2. composición: Forma (sinfonía, concerto...) e instrumentación.
  3. oContexto da obra. Tratarase, sempre que se poida, de buscar o porqué da obra e por qué xurdeu nese determinado momento, qué inspirou ao autor a compoñela, o seu contexto histórico, social e musical, etc. 
  4. Audición das obras. Explicaránse os puntos de referencia auditivos. En primeiro lugar, presentaranse os temas importantes e logo tratarase de espertar a imaxinación dos alumnos. Pretendese que eles describan os seus sentimentos, o que perciben, o que lles suxire  a composición…



Non é necesario ter coñecementos musicais previos. O obxectivo é achegar a música ao alumno, que non se quede a distancia do que escoite. Tratase así mesmo de involucrar novos aspectos na súa mente, emocións que poden acoplarse perfectamente á música e que lle permitirá intimar coa obra.


© 2023 berenguelamusica.com - Todolos dereitos reservados