Claudio Martínez Mehner


 

Nacido en Alemaña en 1970, comenza a súa educación musical no Real Conservatorio de Música de Madrid cos profesores Amparo Fuster, Pedro Lerma e Joaquín Soriano. Remata os seus estudos con máximas cualificacións en 1989. Paralelamente é violista na J.O.N.D.E. e violinista e clavecinista na orquestra de cámara do Colexio Alemán de Madrid.

Completa os seus estudos no Conservatorio Tchaikovsky de Moscú, a Escola Superior de Música Raíña Sofía de Madrid, a Hochschule für Musik Freiburg (Alemaña), a Fondazione per il Piano, en Como (Italia) e o Peabody Conservatory, en Baltimore (EE.UU.), estudando principalmente con Dmitri Bashkirov, Vitalij Margulis e Leon Fleisher. Asiste activamente a clases maxistrais impartidas por Murray Perahia, Alexis Weissenberg, Karl-Ulrich Schnabel, Fou Ts'ong, Dietrich Fischer-Dieskau e Mstislav Rostropovich. Dende hai varios anos segue a súa formación periodicamente co profesor Ferenc Rados.

Foi finalista no concurso internacional Paloma O'Shea de Santander en 1990 e gañou primeiros premios nos concursos internacionais Fundación Chimay (Chimay, Bélxica), Piar Bayona (Zaragoza) e Dino Ciani (Milán).

A súa actividade como solista lévalle a actuar en toda Europa, EE.UU., Rusia, Centroamérica, Corea e Xapón con orquestras como a Filharmónica de Múnic, a Filharmónica de Moscú, Filharmónica do Teatro Alla Scala, Scottish Chamber Orchestra, Filharmónica de Praga, Radio Svizzera Italiana, Norddeutsche Rundfunk, Filarmonia Hungarica e a maioría das orquestras españolas.

 

Foi asistente da cátedra de piano da Escola Superior de Música Raíña Sofía de Madrid e catedrático interino dos Conservatorios Superiores de Música de Salamanca e Aragón. Así mesmo, imparte cursos en toda a xeografía nacional, en Italia, Grecia, EE.UU., Corea e Xapón. Presentemente é profesor de piano na Musikhochschule de Basilea e colaborador do Centro de Ensino Superior Katarina Gurska de Madrid.

© 2023 berenguelamusica.com - Todolos dereitos reservados