Colaboracións



Teclado  órgano  ibérico de Capela das Ánimas


Convenio de Cooperación Educativa que regula as prácticas externas entre a Universitat Internacional Valenciana (VIU) e a Escola Berenguela- Concerto de Piano por Leticia Recamán Casal. Día 9 de setembro 2022. Obras de Beethoven, Rachmaninov e Lecuona


- Colaboracións anuais co Real Club Naútico de Portosín nas que participan diferentes agrupacións instrumentais, así como pianistas da Escola Berenguela; Anos 2013,2014,2015,2016,2017,2018,2019. Especialmente recordamos no mes de  xuño do 2021 a fermosa homenaxe ao compositor Astor Piazzolla polo  100 aniversario do seu nacemento. 


- Colaboración coa Capela das Ánimas en Santiago de Compostela onde adoitan impartirse clases periódicas no seu órgano ibérico de factura barroca así como diferentes concertos.  


- Co Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). Ciclo de concertos: Conferencia-concerto: ¿A segunda escola de Viena? A última utopía romántica (6 de abril de 2013); Un percorrido pola música española (13 de abril de 2013); Concerto de Música de Cámara (20 de abril de 2013). 


- Co Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). Ciclo de concertos: O cello no século XX (14 de abril de 2012); A música cubana (21 de abril de 2012); III Encontro Internacional de Novos Pianistas (28 de abril de 2012).


- Co Centro de Estudos Pianísticos de Barcelona (CEP). Organización do III Encontro internacional de novos pianistas celebrado no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). 28 de abril de 2012.


- Co Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). Ciclo de Concertos Didácticos de Música Contemporánea: “Olladas ao século XX”. Miña Nai a Oca (Ma Mère l'Oye) de Maurice Ravel (19 de marzo de 2011); O mundo de Béla Bartok (2 de abril de 2011); Olladas á Rusia do século XX (30 de abril de 2011).


- Coa Banda Municipal de Santiago, dirixida por Carlos Seráns. O pianista Alejandro Lluch Abril, alumno do profesor Alexander Gold, interpretou, no Teatro Principal de Santiago, o concerto para piano nº 20 de W.A. Mozart (3 de marzo de 2013).


- Coa Galería de arte A.defuga. Iago Domínguez, Nuria González e Antía Guillén, alumnos de cello da profesora Barbara Switalska da  Escola de Música Berenguela, interpretaron obras para cello de J.S. Bach e de Popper na celebración do primeiro aniversario da Galería A.de Fuga. (30 de novembro de 2012).


    - Coa Galería de arte A.defuga. Manuel Lorenzo e Adya Khana, alumnos do profesor Thomas Piel da Escola de Música Berenguela, interpretaron obras para cello de J.S. Bach na inauguración da exposición da obra escultórica en cerámica de Marisa Alves e Joaquín Ponval (3 de febreiro de 2012).


    - Co Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). Algúns alumnos da Escola de Música Berenguela ofreceron no CGAC un ciclo de concertos adicados á Música española, portuguesa (Album de Colien) e iberoamericana (6 de xuño de 2004), á Música do século XX (13 de xuño de 2004) e a Bela Bartok (20 de xuño de 2004).


    - Coa Universidad de Santiago de Compostela nos Cursos de Verán de Música Antiga nas súas tres edicións dos anos 2000, 2001 y 2002 e no concerto de órgano ofrecido polo organista Bruno Forst en febrero de 2002.


    - Co Centro Comercial Aberto Compostela Monumental con un Concierto do Grupo de Corda da Escola Berenguela ofrecido no Nadal de 2002


    - Coa Asociación Ámbar no Recital de poesía e música celebrado na Escola Berenguela en Maio de 2001.


    Patrocinadora xunto a Caixa Nova, Tuconsa, e Sargadelos, do Cuarteto "Campo de Estrellas". Novembro do 2000.

 

© 2023 berenguelamusica.com - Todolos dereitos reservados