Paz López-Felpeto. Secretaria

Next


Licenciada en Xeografía e Historia, especialidade de Historia Antiga, pola Universidad de Santiago en 1986. Ese mesmo ano inicia os seus estudios de Doutoramento que continúan no Historisches Institut de Aachen (Alemania) gracias a unha bolsa concedida polo goberno alemán. De volta a España obtén unha bolsa de Formación de Personal Investigador que lle permite ampliar os seus estudios na Escola Española de Historia e Arqueoloxía do CSIC en Roma. En 1994 presenta a súa Tese de Doutoramento na Universidade do País Vasco dirixida polo Prof. Dr. Gerardo Pereira-Menaut (Universidade de Santiago) e co-dirigida polo Prof. Dr. Hartmut Galsterer (Universidade de Bonn), obtendo por unanimidade a máxima calificación.

    Entre 1990 e 1999 participou en varios proxectos de investigación na Universidade de Santiago dirixidos polo Prof. Dr. Gerardo Pereira-Menaut e financiados pola Dirección Xeneral de Investigación Científica e Técnica. Dentro da súa actividade investigadora destaca a publicación de varios libros e artigos centrados na historia Antiga de Roma, así como a sua participación en Congresos e Foros especializados. Á súa experiencia investigadora hai que engadir a súa experiencia docente tanto na Universidade de Santiago como na de A Coruña.

    Fora do ámbito estrictamente académico destaca o seu traballo como redactora e colaboradora na Gran Enciclopedia Galega e como editora adxunta de Citania. Revista de Artes, Letras e Espectáculos. Cofundadora, xunto a Gerardo Pereira-Menaut, da Editorial da Historia, actualmente Arcana Veri Editorial, foi responsable, entre outros traballos, da publicación dos Congresos O Feito Diferencial Galego nas súas catro edicións (Historia, Música, Antropoloxía e Xeografía), auspiciados polo Museo do Pobo Galego. Dende 1998 é secretaria da Escuela de Música Berenguela, traballo que compaxina coa súa actividade investigadora e editorial.

© 2020 berenguelamusica.com - Todolos dereitos reservados