Rosana Digón Regueiro Responsable do Departamento de Linguaxe Musical.

Next

Comeza os seus estudios musicais ós 5 anos e ós 6 da o seu primeiro concerto de piano no Teatro Colón de A Coruña. Diplomada en Educación Musical pola Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago, posúe tamén estudios de piano e solfeo realizados nos conservatorios de A Coruña e Santiago. Destacan sobre todo os seus estudios no campo da Padagoxía Musical, investigando distintas metodoloxías como Kodaly, Orff, Dalcroze, Wytack, Suzuki etc.


Completou a súa formación a través de cursiños de especialización en Santiago de Compostela con Ana Mª Navarrete, Carlos Miró e Susa Herrera, en Burgos con Ramón Casals, Conchita Martín ou Carlos Navascués, en Hungría no prestixioso “Zoltan Kodaly Pedagogical Institute of Music”, en Murcia con Agnes Krauer ou en Vitoria-Gasteiz con Fernando Palacios e César Peris. 


A súa ampla experiencia docente está avalada por los seus traballos como profesora de piano, solfeo e coral no Aula de Música da Asociación de Veciños de Buño (1985-1994), e en Santiago de Compostela de Iniciación e Educación Musical na Escola Ballet Clásico (1994-95), na Escola Ballet Estudio (1995-97), no Colexio Público Raíña Fabiola, no Xardín de Infancia Raiola (1993-1998) e na Escola Municipal de Música (2003). 


Imparteu tamén varios cursos na UNED sobre a música e o ritmo na Educación infantil, destinados a profesores de primaria. Actualmente imparte clases de Educación Musical no Colexio Público A Milagrosa, traballo que compaxina coas clases de Linguaxe Musical e piano na Escola de Música Berenguela.

© 2020 berenguelamusica.com - Todolos dereitos reservados