María Zisi

María Zisi naceu en Grecia. Á idade de 14 anos ingresou na Escola Superior de Música de Múnic para estudar con Karl-Hermann Mrongovius e Begoña Uriarte. Finalizou os seus estudos co diploma de Meisterklasse. De 2001 a 2003 realizou un curso de posgrao con Joaquín Soriano no Conservatorio Superior de Música de Madrid. Participou en varios cursos de perfeccionamento con profesores como Alexis Weissenberg, Cecile Ouset, Maria Tipo, Sequeira Costa, Paul Badura Scoda, Nikolai Petrof e Jean- Francoix Heisser.

Obtivo bolsas das fundacións Onassis, I.K.E, Amigos da Musica de Grecia e da Chopin Gesellschaft Hannover, en Alemaña.

Entre os seus galardóns cabe destacar:

1º Premio no Concurso Jugend Musiziert de Alemaña (1994).

1º Premio no Concurso Internacional de Xaén (2000).

1º Premio no Concurso Internacional de Ferrol (2000)

Gran Premio no Concurso Internacional J. Iturbi. Valencia (2002).

Premio á mellor interpretación dun concerto de Beethoven. Concurso Int. J. Iturbi.

Premio á mellor interpretación de Música Española nos concursos:

Concurso Internacional de Xaén. (2000)

Concurso Internacional de Ferrol. (2000)

Concurso Internacional J. Iturbi. (2002)

Como solista actuou coa nova Orquestra de Baviera, coa Orquestra Sinfónica de Baiona, a Orquestra Sinfónica de Bad Reichenhall, a Orquestra Sinfónica Nacional de Tesalónica, coa Deutsches Kammerorchester na Philarmonie de Berlín e coa Orquestra da Komische Oper Berlín no Festival de Atenas no teatro Irodion. Realizou recitais en Grecia, España, Alemaña, Austria, Italia, Turquía e Suíza. En 2005 debutou en Xapón.

Fixo producións para os arquivos da Radio de Baviera (B.R.4) e para a Radio Nacional de España. En 2004 editouse o seu primeiro CD coas Goyescas de Granados.

Actualmente reside en España e imparte clases no Conservatorio Superior de Música de Salamanca.


© 2018 berenguelamusica.com - Todolos dereitos reservados