Matrícula

DSCF1778


A Escola de Música Berenguela abre o prazo de matrícula dende o 1 de xuño e durante todo o mes de xullo, así como a primeira semana de setembro. A matrícula é por curso escolar e o alumno deberá abonar unha pequena tasa. Terase en conta a orde de inscrición á hora de escoller os horarios.

As clases darán comezo segundo o calendario establecido pola Consellería de Educación e respetaránse os períodos vacacionais estipulados pola devandita Consellería.


Durante o curso hai posibilidade tamén de matricularse, pero convén respetar o curso escolar, de xeito que o alumno se integre dende os seus comezos nas actividades programadas e no teña ningunha dificultade ó incorporarse ó nivel que lle corresponda.

A matrícula poderá formalizarse na Secretaría da Escola, de lun a venres, en horario de 16:30 a 20:30 h.


Durante os meses de xullo e agosto, a parte dos cursos de verán específicos que están programados, a Escola Berenguela terá abertas as súas portas e seguirá impartindo clases individuais de instrumento e linguaxe musical ós alumnos que queiran preparar exámenes ou simplemente continuar coa súa formación durante o período vacacional


 

© 2016 berenguelamusica.com - Todolos dereitos reservados