Nikolai Demidenko

Nikolai foto


Estudou no Conservatorio de Moscú con Dimitri Bashkirov. Foi premiado nos Concursos Internacionais de Piano de Montreal en 1976 e no Tchaikovsky en 1978. É Doctor Honoris Causa pola Universidade de Surrey, e reside en España dende 2008.

Nikolai Demidenko actuou coas principais orquestras do mundo, entre as que destacan a Filarmónica de Londres, Sinfónica de Londres, Filarmónica de Israel, Sinfónica da BBC Escocesa, Real Orquestra Sinfónica de Dinamarca, Sinfónicas de Sao Paulo, Singapur e Radio Suecia, así como a Filarmónica de San Petersburgo, Camerata Académica Salzburgo e Sinfonía Varsovia. Entre os directores baixo cuxa batuta actuou inclúense, sir Andrew Davis, Andrey Boreyko, Vladimir Fedoseyev, Thierry Fischer, Daniel Harding, Manfred Honeck, Mariss Jansons, Gianandrea Noseda, Gerad Schwarz, Yuri Termikanov e Osmo Vanska.

Ofreceu recitais en Amsterdam, Toronto, Virxinia, Praga, Hong Kong, Sydney, Adelaida, Brisbane, San Francisco, San Petesburgo, Vancouver e Zagreb, entre outros. Actuou no festival de Salisbury, Sintra, así como nos festivais de Cambridge, Hanty Mansijsk, festival de música de cámara de Oslo, festivais Chopin de París, Dusznicki e Valldemossa. Nikolai Demidenko actúa todos os anos na Herkulessaal de Múnic. No 2001 debutou en recital en Nova York e actuou en Los Ángeles Performing Arts Center. En Londres actúa frecuentemente no Wigmore Hall, onde deu numerosos recitais, entre os que destacan os incluídos no "Festival Gañadores dos Premios Gramophone", "Ciclo Chopin" e no Barbican.

Gravou para o selo Hyperion discos con obras de Bach-Busoni, Chopin, Clementi, Liszt, Medtner, Mussorgsky, Prokofiev, Rachmaninov, Schubert e Schumann. Ademais, fixo gravacións dos concertos para piano e orquestra de Chopin, Medtner, Scriabin, Chaikovski e Wéber, así como a integral de concertos de Prokofiev coa Orquestra Sinfónica de Londres e as Variacións Diabelli de Beethoven. As súas gravacións foron galardoadas co Premio Grammophone (Medtner Concerto nº 2 para piano e orquestra), e Premio Classic CD (Concertos de Tchaikovsky e Scriabin). A súa gravación con obras de Chopin gañou o Premio alemán da crítica de discos. En 2008 gravou os 24 Preludios de Chopin e a Sonata nº 3 en si menor para Onyx Classics que recibiu o Premio Especial Chopin para unha Nova Gravación.

Entre os seus compromisos máis recentes destacan actuacións coa Camerata Salzburg a Deutsche Kammerphilharmonie, Royal Philarmonic, Orquestra Nacional de Francia, a BBC de Gales, Orquestra Sinfónica de Londres, Orquestra Sinfónica de Sao Paulo, Hallé Orchestra e Orquestra de Santa Cecilia de Roma. Concertos coas Sinfónicas de Bournemouth, as Filarmónicas de Israel, Helsinki, a Royal Liverpool e a Filarmónica de San Petersburgo, xunto a Termikanov. Esta tempada tocou xunto á Orquestra Nacional da BBC Wales, Orquestra do Festival de Budapest, Sinfónica Nacional Danesa, Filarmónica de San Petersburgo, Sinfónica de Melbourne, Orquestra Nacional de Francia, Sinfónica de Singapur, así como unha xira por Europa coa Orquestra The Age of Enlightenment, baixo a dirección de Sir Roger Norrington, entre outras.


www.demidenko.net



© 2018 berenguelamusica.com - Todolos dereitos reservados