Alejandro Vargas - Profesor de piano moderno, jazz, improvisación e Harmonia moderna


Foto Alejandro Vargas

Alejandro Vargas ( Holguín, Cuba 1980) é un dos compositores e intérpretes de jazz máis recoñecidos das novas xeracións do jazz cubano. Comezou os estudos de música á idade de 6 anos, recibindo clases de J. Rodríguez Milord, Ulises Hernández ou Harold Gramatges, graduándose como pianista concertista no Instituto Superior de Arte da Habana.  Completou os seus estudos en diferentes seminarios con Herbie Hancock, Chucho Valdés, Danilo Pérez ou Jorge Luís Prats. Formou o seu primeiro grupo de jazz en 2001 e ese ano recibiu o Primeiro Premio no Concurso Jojazz de Mozos jazzistas de Cuba. Tocou con prestixiosas agrupacións como Irakere, Pupi e Los que son Son, e con músicos de relevancia internacional como o saxofonista Donald Harrison, o trombonista Steve Turre, as cantantes Lucrecia, Guadi Galego, Ugía Pedreira, Rosa Cedrón, Mónica DeNut e Diana Fuentes ou o proxecto de José Luis Gutiérrez, participando en numerosos festivais en #Ecuador, Brasil, España, Noruega, Portugal, Cuba, Trinidad e Tobago, Suíza...

Desde o seu asentamento en 2009 en Galicia desenvolveu relevantes proxectos como o dúo co baterista L.A. R Legido, a fusión da música tradicional galega co jazz cubano en Descarga ao Vivo: Cuba-Galicia ou o jazz máis contemporáneo con Miniaturas de Eugenio Granel. Actualmente presenta dous novos proxectos: Diablito Baila (Xuño, 2017), que mostra a proposta xa consolidada de Alejandro Vargas Trío, e Chané na Habana (Outubro, 2017) proposta de gran formato onde o trío é acompañado por unha orquestra.

Discografía

 2007 Trapiche  (Colibrí Producciones) *Premio Mellor disco de Jazz Certamen Cubadisco

2009 Descarga ao Vivo: Cuba-Galicia  (Central Folque) // 2010 Oceanía,  Paideia.

2012 Miniaturas de Eugenio Granell  (Central Folque) *Premio Especial Certamen Cubadisco

2013. 2014 Opersuite  (duo Vargas -Legido) // 2014 Ama Aza LaNDo  (piano só)

2017 Diablito Baila  (Fundación SGAE) //2017 Chané na Habana  (Central Folque)

 

© 2023 berenguelamusica.com - Todolos dereitos reservados