Alexander Gold - Profesor de Piano


Nacido en 1946 en Moscú. Os seus primeiros estudios de música realizounos entre 1954-1964 na Special School (Z.M. Sha) de Moscú con E.M. Timakin. En 1964 continúa os seus estudios no Conservatorio de Moscú baixo a supervisión do Profesor J. Flier. 

En 1980 pasa a formar parte da Institución Nacional Filarmónica de Moscú. En 1989 trasládase a Israel onde se convirte en director artístico e profesor da Escola de Música especial para nenos superdotados en Tel Aviv ata o ano 1991. En 1992-93 imparte Masterclasses en Islandia e Holanda. En 1994 convírtese en profesor do North Netherlands Conservatory.  E ata 2002 foi profesor do Conservatorio de Groningen (Holanda).

En 1995 pasa a ser adxunto do “Netherlands Impresariaat”. É membro honorario do Concurso Chopin Internacional de Piano de Moscú. Impartiu Masterclasses e ten dado recitales en España (Barcelona), Islandia (Reykjavik), Russia (Moscú), Suiza (Zurich), Israel (Tel Aviv). É tamén asesor artístico da Fundación Alexander Makarov Gold con sede en Groningen, Holanda.

A súa actividade docente está avalada polos galardóns que conseguiron moitos dos seus alumnos en impirtantes concursos internacionales, boa parte deles primeiros premios.

Dende 2002 alterna o seu traballo de profesor de piano entre o a Escola de Música Berenguela e a Escola de Altos Estudios Musicais. Tamén imparte masterclases, conferencia e cursiños de verán en Islandia, Holanda, Suiza, Rusia, Israel e España. Así mesmo participa en concertos de música de cámara xunto ó violinista G. Nedobora, o violonchelista P. Velev e a pianista E. Ishimoto, ademais de dar concertos en solitario.


© 2018 berenguelamusica.com - Todolos dereitos reservados