Anne Schlossmacher - Profesora de Viola


Comeza os seus estudos de violín aos nove anos en Betzdorf (Alemaña), a súa cidade natal. Despois de compaginar violín e viola durante algúns anos, decídese por este último instrumento. Posteriormente, trasládase a Frankfurt (Alemaña), Houston e Baltimore (Estados Unidos), para realizar alí os seus estudos superiores, cos violas principais da RSO de Berlín, a Houston Synphony e a orquestra de Filadelfia, como Roberto Díaz e Joseph de Pasquale. Dende 1999 forma parte da plantilla da Real Filarmonía de Galicia. Aparte do traballo nas orquestras mencionadas, a súa labor concertística vese complementada coa súa participación en varios grupos de música de cámara.

Desenvolve o seu traballo docente en Konstanz (Alemaña) e Baltimore (colaboración coa Peabody Prep)  e tamén na Escola de Altos Estudos Musicais de Santiago de Compostela. Dende 2008 é profesora de viola na Escola de Música Berenguela.

© 2023 berenguelamusica.com - Todolos dereitos reservados