Ailsa Levi - Profesora de Violonchelo 


Ailsa LEWI. Profesora de violoncello

Inicia os seus estudos de violoncello aos 9 anos en Harrow Schools of Music. Continuou os seus estudos na East Notts Music School, onde se integrou como solista na mesma orquestra. En 1986 comeza a estudar con Florence Hooton O.B.E. e actuou como solista coa Nottingham Youth Orquestra.

En 1988 ingresou na Royal Academy of Music de Londres para continuar a súa formación con Derek Simpson, David Smith e membros do Amadeus Quartet. Foi galardoada co premio de violoncello "Herbert Walenn", o premio "Croft" de Musica Antiga e graduouse con honra no Performers Course e no Advanced Course. Foi premiada tamén cunha bolsa de estudos 1991-1993 para estudar con Karine Georgian e Frances Marie Uitti na Dartington Internacional Summer School. En 1989 foi convidada a participar no Montepulciano Music Festival en Italia, alí traballou con Hans Werner Henze. Tamén participou en clases maxistrais de Lynn Harrell.

Como solista ten actuado con orquestras sinfónicas, como a Real Filharmonía de Galicia, a Sinfónica Nacional de Ecuador, a Orquestra Sinfónica de Guayaquil,  a Orquestra Sinfónica de Loja, a Orquestra Sinfónica de Cuenca, a Orquestra de Richmond e a Camerata de Nottingham. Tamén fixo recitais en Londres, Cambridge, Madrid, Quito,  Santiago de Compostela e Nottingham, para Caixa Madrid e Centros Culturais en España. Ten moita experiencia en traballo orquestral, traballou coa Orquestra Sinfónica do RTVE, Orquestra Sinfónica de Baleares, Sinfónica Nacional de Ecuador, Orquestra Filarmónica do Teatro Calderón, Camerata "SaNostra",European Chamber Opera... Como docente sempre estivo involucrada na formación de músicos novos. Traballou como profesora de violoncello en Londres, Portugal, Madrid, Quito e agora en Santiago de Compostela.

É membro da Real Filharmonía de Galicia, integrante de Chelicia, Grupo de Violoncelos de Compostela e do Cuarteto Altamira.

 

 

© 2018 berenguelamusica.com - Todolos dereitos reservados