Clara  Martínez. Profesora de violoncello.

Next


Clara Martinez  Foto chelo

Natural de Madrid, comeza os seus estudos de violonchelo coa profesora María Casado aos 7 anos. Estuda o grao profesional co profesor Jorge Pozas Tarapiella e o grao superior con Ángel García Jermann no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid. Debido ao seu interese pola música de cámara, no seu derradeiro ano de carreira forma xunto aos seus compañeiros o Trío Colman que debuta no Festival Música Sur de Motril. 

Realiza o Mestrado en Música de Cámara no Conservatorio Superior de Música de Aragón co profesor Fernando Arias e o Cuarteto Quiroga, e o Curso de Alta Especialización Orquestral da Escola de Altos Estudos Musicais de Santiago de Compostela coa Real Filharmonía de Galicia e o profesor Plamen Velev.

Ademais dos profesores titulares, recibe clases de violonchelistas como María de Macedo, Christophe Coin, Amit Peled, Johannes Krebs, Timora Rosler, Suzana Stefanovic e Sung-Won Yang entre outros.

Compaxina os seus estudos coa participación en diferentes orquestras xoves como Proyecto 10 Orquesta, Xoven Orquestra da Comunidade de Madrid e Xoven Orquestra de Canarias. Ademais, realizou colaboracións coa Orquestra e Coro da Comunidade de Madrid e participou no proxecto “Side by side” coa Concertgebouw Orchestra. Actualmente, forma parte da bolsa de instrumentistas da Orquestra Sinfónica da Rexión de Murcia.

Conta con ampla experiencia como docente en diferentes escolas e centros educativos.


© 2020 berenguelamusica.com - Todolos dereitos reservados