Emmanuelle Janisz Piel - Profesora de piano e Audicións Musicais.


Emmanuelle

Nacida en Toulon (Francia), comezou os seus estudos musicais aos 11 anos, no Conservatorio Nacional de Toulon, co profesor René-Pierre Faedda, onde gañou premios en teoría musical, piano e música de cámara. En 1998, completou a súa formación realizando o Ciclo Superior no Conservatorio Nacional d'Aix en Provence con Michel Leduc, recibindo premios en música de cámara e piano. Continuou a súa formación pianística asistindo ás clases de Mireille Faye-Mora, Gery Moutier, Pierre Pontier (Conservatorio de Lyon), Olivier Gardon e Alain Meunier (Conservatorio Superior de París). De 1996 a 1998 foi compoñente e fundadora do "Cuarteto Romántico", ofrecendo numerosos concertos por toda Francia.

A esta formación instrumental súmase a licenciatura en musicologia.

Desde 2002 vive en Galicia, onde se dedica principalmente ao ensino de piano, pero sen abandonar o seu traballo como solista. Tocou en diferentes ocasións coa RFG e foi pianista acompañante na Escola de Altos Estudos Musicais. Colabora a miúdo coa Camerata Quiodi en concertos didácticos, e tamén participou no Festival de Lugo, en conxuntos de cámara.

 

© 2023 berenguelamusica.com - Todolos dereitos reservados