Jorge Ricardo Genó Alonso - Profesor de Piano 


Jorge_piano

Comenza os seus estudios de piano en Pinar del Río, Cuba. Mais tarde gradúase na Escuela Nacional de Música da Habana co título de Instrumentista, Profesor de Piano e Práctica de Conxunto coa profesora María D. Novás. Continúa os seus estudios superiores de piano no Instituto Superior de Arte de Cuba (ISA) na clase dos mestre Andrés Alén. En 2007 ingresa no Conservatorio Superior de Música de Vigo, onde se gradúa ese mesmo no Nivel Superior de Música na especialidade de piano con Matrícula de Honra. 

Ofreceu recitales en diferentes salas de concerto de Cuba e España. Realizou gravacións para a televisión e a emisora de Música de Concerto da Radio Cubana. En 2010 realizou na Coruña a gravación dun CD onde inclúe obras do repertorio pianístico cubano e internacional. 

Participou en numerosos festivais e concursos, onde obtivo premios como: Primeiro Premio y Premio Especial á Mellor Interpretación da Música Española e da Música Cubana (Cuba), Primeiro Premio Concurso Juan Sebastián Bach (Cuba), Premio do Concurso Iberoamericano de Piano (Cuba), Premio Andrés Segovia – José Miguel Morales (XLV Curso Música en Compostela), Terceiro Premio de Mans Futuro 2009- Premio á Excelencia Musical organizado pola Consellería de Educación de Galicia, os Estudios Mans y la Fundación Paideia. 

Como profesor de piano traballou na Escola Nacional de Música de Cuba durante tres anos. No ano 2002 trasládase a España onde continúa impartiendo clases en diferentes escolas e conservatorios de música de Galicia.

© 2018 berenguelamusica.com - Todolos dereitos reservados