Luis Soto. Profesor de frauta e frautin

 

  

Natural de Guláns, Ponteareas. Cando contaba con oito anos de idade, o seu pai fíxolle unha frauta dun tubo de plástico da cañería da traida de augas, coa que deu os primeiros sopros.

Na actualidade toca unha frauta Muramatsu de ouro de nove quilates.

Entre ámbalas dúas frautas Luis Soto ofreceu centos de concertos en todo o mundo, gravacións para a radio, tv e cd, e impartiu cursos de formación e perfeccionamento a alumnos de tódalas idades.

Entre os seus mestres destacan: Antonio Arias en Madrid, Pierre Dumail e Hubert de Villele en París e J.C.Gerard e Aurele Nicolet en Alemaña.

En París gaña o primeiro premio do concurso Pierre Nerini e o Segundo premio no Lucien Wumser.

Xunto co guitarrista Carles Trepat grava a integral de Joaquín Rodrigo para o selo EMI Clasic.

Desenvolve xunto a Diego García (piano) o proxecto GALICIA XXI no que interpretan o repertorio galego para estes dous instrumentos.

É membro fundador e responsable do Taller Atlántico Contemporáneo (TAC).

Na actualidade ocupa o posto de frauta-frautín na Real Filharmonía de Galicia onde tocou baixo as batutas de decenas de directores de gran prestixio así como con solistas de renome internacional.

© 2020 berenguelamusica.com - Todolos dereitos reservados