Mark Wiersma - Profesor del "Singing in English”.


California, 1976. Profesor de idiomas e músico. Formado na Universidade de California, Santa Bárbara, onde estuda políticas, atopa traballo nunha tenda de música, onde acaba mercando unha guitarra e comeza a estudar con diversos profesores, particularmente Ben Browning e Kevin McAuliffe. Pouco despois empeza a súa andaina como profesor, neste caso liderando cursos de supervivencia nos bosques chuviosos de Costa Rica con Costa Rica Rainforest Outward Bound School, onde aprende a vivir en condicións adversas durante meses con grupos de estudantes.

En 2002 trasládase a San Francisco onde da clases de apoio coa organización Americorps en institutos urbanos e toca o baixo no grupo The Sisters. Igualmente comeza unha colaboración co grupo Earlier como letrista e guitarista.

En 2003 traballa como profesor de lingua castelán no instituto Junípero Serra High School en San Mateo, California.

En 2004 trasládase a Granada, onde comeza estudar piano clásico e guitarra flamenca con diversos profesores e mergullarse na cultura e literatura ibérica. 

Dende 2005 reside en Galiza e traballa sobre unha tese de doutoramento que versa sobre a poesía contemporánea, escribe música infantil e toca con diversas formacións musicais na cidade de Santiago de Compostela. Estudou piano con Marcos Cerviño e voz con Guadi Galego.

Traballa como profesor de inglés e tamén como tradutor para a Área da Teoría da Literatura e Literatura Comparada da Universidade de Santiago de Compostela.

En 2011 remata a gravación do disco de música infantil Up to Waterfall Mountain.

Na actualidade estuda harmonía e improvisación con Suso Atanes en Estudo Escola de Música mentres remata a súa tese de doutoramento.


http://mwiersm.wix.com/mark-wiersma-music


 

© 2018 berenguelamusica.com - Todolos dereitos reservados