Mª Victoria Jericó - Profesora de Linguaxe Musical e ABRSM 


Natural de Pamplona, actualmente reside en Santiago de Compostela. É unha violinista moi activa como intérprete e docente. O seu especial interese pola música de cámara levoulle a tocar con varias formacións como Austen Piano Trio e Isbilia Quartet. Entre elas destaca o Duo Stellae, do cal é membro fundador e que foi premiado co “Byram Jeejeebhoy Prize for violin and piano”. Fundou en 2014 o DecArt Ensemble para explorar o repertorio clásico e contemporáneo sen director.

Tocou en varias salas de concerto en países como España, Xapón, China, Italia, Escocia e Inglaterra, entre as que destacan St. James Picadilly ou St. Martin in the Fields. Colabora asiduamente con diversas orquestras en España e Inglaterra, e foi academista da Orquestra Sinfónica de Navarra. Licenciouse no Conservatori Superior de Música do Liceu (Barcelona) e posteriormente realizou un Máster con Andrew Sherwood en Trinity Laban Conservatoire of Music and Dance (Londres), sendo bolseira polo centro

Durante os últimos anos en Londres, foi profesora da Academia de Música ‘Cañada Blanch’ e do proxecto social ‘Every Child a Musician’ que ofrecía clases de música e instrumento en colexios de primaria do barrio de Newham. Esta etapa docente permitiulle gañar unha ampla experiencia axudando a preparar e aprobar os exames de ABRSM (Associated Board of the Royal Schools of Music) tanto a nivel instrumental como teórico. Así mesmo, como profesora de iniciación musical, destaca o seu dinamismo, tratando sempre de dar a coñecer a música de forma interactiva a través de cancións, xogos e contos musicais

© 2020 berenguelamusica.com - Todolos dereitos reservados