Simona Kantecheva - Profesora de Piano, Linguaxe musical, harmonía, análise e conxunto coral 


Nada en Varna (Bulgaria), estudou no Conservatorio Profesional de Varna e na Academia Nacional Superior de Música de Sofía cos profesores K. Zvetkova e L. Stefanova, entre outros, onde obtivo os títulos de profesora de piano e teoría musical. Foi profesora titular de piano e solfexo entre 1993-97 no Conservatorio de Música de Varna. Compre salientar a súa colaboración en varias orquestras como a Orquestra de Cámara de Varna, Camerata Quiodi, Orquestra da Escola de Altos Estudos Musicais e a Real Filharmonía de Galicia, baixo a batuta de A. Ros Marbá, P. Daniel, A. Ceccato, M. Zumalave, E.M. Izquierdo, entre outros. Dende 1998 colabora asiduamente como pianista acompañante na EAEM e partcipou en clases maxistrais dos profesores A. Park, D. Hope, C. Bolsi, M. Kaplan, M. Todorova, Ll. Claret, E. Terwillinger, etc. Colaborou tamén en diferentes gravacións discográficas coa RFG de obras de Falla, Mompou, Ravel… Ademais da súa actividade concertística desenvolve unha intensa actividade pedagóxica.


 

© 2017 berenguelamusica.com - Todolos dereitos reservados