Mauricio Caruso - Profesor de    Guitarra, Guitarra Eléctica, Harmonia e Análise Musical


 

A diversidade caracteriza a Caruso como o músico que é. Coa súa formación, pasando pola Universidade de São Paulo, o curso de Composición (1992-1998), percorre a música contemporánea, erudita, jazz, pop, rock, música negra (africana, americana) e música popular brasileira. Como instrumentista tamén percorre varios instrumentos de corda, como guitarra clásica, acústica, cavaquinho, guitarra eléctrica, entre outros.

Creou e integrou durante 9 anos o trío de Fusion Paulista "Tres de Paus", e gravou 2 álbumes orixinais, ademais de concertos e obradoiros en Brasil. Fixo traballo como "sideman" de moitos artistas brasileiros, entre eles: Sandy, Aricia Mess, Lobão, Beatriz Rodarte, Dandara, Mano Brown, Zalon Thompson, así como grandes produtores, como Lincoln Olivetti, Marcos Xuxa Levy, Emersom Vilani, entre outros.

Formou parte da nova formación da banda Black Río, que ademais de tocar con artistas como Ed Mota, Sandra de Sá, Seu Jorge, participou así mesmo na Fan Fest da FIFA Copa do Mundo Sudáfrica (2010).

Arranxador musical e produtor, participou en numerosas gravacións, ten 4 álbums só: Tradução do Instrumento (2000), Reflexos da Noite (2008), Christmas Strings (2012) e Mundo Amarelo (2013).

Mauricio é membro da banda Jota Erre, non só como multi-instrumentista senón tamén como coproductor e guitarrista. Lanzaron dous álbums: “Por Extenso” e “Binário”, co cal fixeron dous anos de xira por Europa (Portugal, España, Inglaterra, 2015/16) e Estados Unidos (SXSW, Austin, 2016).

Actualmente vive en Galicia, onde toca con diversos músicos do mundo, residentes na rexión galega, ademais do trío de música brasileira Choro Alegre. Tamén está a lanzar o seu novo álbum en solitario: "Meus Camiños pola Galicia", e facendo concertos por Galicia. Durante o final do verán de 2018, viaxou co Okko (colectivo brasileiro de amigos compositores e músicos) con concertos por Francia, Suíza e Galicia.

Ademais do seu trío, que acaba de gravar un novo disco chamado "A travessia", con composicións orixinais, Caruso segue traballando en varias formacións, como o dúo "O Intre" con Vadim Yuchenich (acordeón) e o dúo "Caminhos Cruzados" con Carmen Ferreiro (frauta traveseir

© 2023 berenguelamusica.com - Todolos dereitos reservados