O parque da "Bisoureira" é un
terreo cunha extensión de máis de trinta mil m2 que se
comprou en pequenas parcelas, un total de 117, con un total de 100 propietarios.
Era un terreo inculto e cheo de silvas e toxos.
Na actualidade conta cun parque infantil, unha pista de atletismo que
circunda todo o terreo, unha pista polideportiva donde se poden practicar
os seguintes deportes: fútbol-sala, balonmano e baloncesto. Tamén
ten unha pista de tenis e un merendeiro. Ten auga corrente, servicios
de aseos e duchas para as pistas, grifos de auga por todo o terreo.
Quen o desexe pode pasar por alí e facerlle
unha visita.
MERENDEIRO MIRADOR DE
"SAN CIBRÁN
Situado nunha cota de case que 500 metros de
altitude, ali pódense apreciar restos dun castro, unha capela
que se reformará muy pronto e dous miradores: un é o Penedo
Grande situado a carón da entrada da capela de "San Cibrán"
dende donde se pode mirar toda a parroquia de Guláns e Ponteareas
entre outras,e o outro é un cruceiro de máis de cinco
metros de altura desde donde se pode divisar ata a desembocadura do
río Miño.
Aquí pode pasar un día agradable no verán donde
pode disfrutar da natureza e se quere facer o xantar porque dispón
de mesas e sitios para facer lume.