Na actual temporada do Teatro Real de Madrid, é o director asistente de Josep Pons na producción "The turn of the screw" de B. Britten (Novembro 2010) e de Paul Daniel na producción "Król Roger" de K. Szymanowsky (Abril-Maio 2011).
Traballou con Diego Masson nas edicións 2009 e 2010 da Dartington International Summer School (Reino Unido), dirixindo no Dartington Great Hall “Madama Butterfly” de Puccini e “Le nozze di Figaro" de Mozart.
O "London Sinfonietta" selecciónao para participar no seu primeiro programa de xóvenes directores na "London Sinfonietta Academy 2010" tendo o privilexio de dirixir aos solistas de esta formación.
O "The two Moors Festival 2009" (Reino Unido) invítao a realizar a estrea mundial da obra de Torsten Rasch "Die Träumenden Knaben" colaborando con Anssi Karttunen e Andreas Haefliger.
Obtén o seu "Master en dirección de orquestra" no 2006 na Hochschule für Musik Zürich (Suiza) e traballou como director asistente do director francés Nicolas Chalvin nas produccións operísticas “Le Nez” de D.Schostakovitch na Ópera de Nantes-Angers (Francia) e “Carmen” de G. Bizet na Ópera de Lausanne.
Dirixiu en Suiza, Francia, República Checa, Bulgaria, Liechtenstein, España e Reino Unido.
No 2010 crea o Taller Atlántico Contemporáneo, (TAC) do cal é director artístico e musical. www.tallerac.com
Pianista de formación forma o proxecto "Galicia XXI" xunto co frautista Luis Soto. www.galicia21.net
Naceu en Escarabote (A Coruña)
© www.diegogr,com
Diego García Rodríguez
Director de Orquestra
Próximo compromiso:
Os Seráns do TAC na Cidade da Cultura
T. Johnson, A ópera das catro notas en un acto.
Cristina Barriga, soprano
Mónica de Nut, contralto
Humberto Ayerbe Pino, tenor
Eliseu Mera, barítono
Piano: Nicasio Gradaille
Dirección: Diego García Rodríguez
Posta en espazo e presentación: Quico Cadaval
Versión en galego: Pepe Sendón
18 de Decembro ás 12 da mañá.
Presenta: Quico Cadaval
Restaurante: Eirado da Leña
Mauricio Kagel- “Eine Brise”.