Realizou a sua formación
clásica en A Coruña, Santiago de Compostela e Madrid,
tendo como profesores principais a Manuel Iglesias Brea, Antoni
García Araque e Ludwig Streicher. Baixo a dirección
deste último finalizou os seus estudios en 1995 na Cátedra
de Contrabaixo da Escuela Superior de Música Reina Sofía,
recibindo o diploma ao alumno máis sobresaliente.
Foi primeiro contrabaixo na
Joven Orquesta Nacional de España, na que tamén
recibiu clases de Ferrán Sala. Desde 1996 é membro
daReal Filharmonía
de Galicia, onde ocupa o posto de contrabaixo co-principal.
Foi profesor de contrabaixo
na Xoven Orquestra de Galicia e na Escola de Altos Estudios Musicais
de Galicia.
Desde un principio desenvolve asimesmo unha actividade paralela
centrada noutros terreos musicais, sobre todo o jazz. Cunha formación
esencialmente autodidacta, asistiu tamén a algúns
seminarios de jazz, nos que recibiu clases de Todd Coolman, Jack
Walrath e Joe Pass. Ademáis dunha intensa actividade a
trío xunto a Nani García e Fernando Llorca, con
quen gravou para Jazz entre amigos de TVE, colaborou tamén
con músicos como Victor de Diego, Peter Delphinich, Greg
Lyons, Tom Gullion, Perico Sambeat ou Jorge Pardo.
En 1997 estreou a formación
Viciños de Morán, cun repertorio de composicións
propias.
No eido da música de raíz galega, recibiu en 1989
o premio á mellor composición na I Mostra de Folk
Cidade Vella de Santiago. Colaborou en gravacións ou concertos
con artistas como Emilio Cao, María Manuela, Uxía,
Amancio Prada, Carlos Núñez, César Morán,
Carmendolores, Doa, Fía na roca, Luar na lubre, etc.