Nado en Marín en 1969.
Estudia nos conservatorios de Pontevedra,
Vigo, Santiago, Vilaseca (Tarragona) e do Liceo (Barcelona).
Continúa a súa formación con Patrick
O´Byrne, en Stuttgart, e con Sontraud Speidel na Staatliche
Hochschule für Musik de Karlsruhe (Alemania).
Complementa a súa formación
con cursos de piano, clave, pedagogía e musicoloxía
en diversos países.
A cotío participa en concertos
xunto a integrantes da Real Filharmonía de Galicia,
tendo tocado tamén coa devandita orquestra cos directores
J. R. Encinar, J. C. Gérard, P. Alcalde e M. Zumalave.
Durante catro anos foi arquiveiro desta formación compostelana.
É tamén Profesor Superior
de Música de Cámara e licenciado en Historia,
na especialidade de Arte Moderna e Contemporánea.
Dende 2001 é Profesor de
Música en Educación Secundaria.