Diego García - Piano

Nace en Escarabote (A Coruña). Realizou a seus estudos musicais no Conservatorio Superior de Santiago de Compostela, diplomándose no 1996 na especialidade de piano. Os seus mestres máis destacados foron Corina Carregado, Ángel González e Nicasio Gradaílle.
Nese mesmo ano obten unha praza na clase do profesor Daniel Spiegelberg, no Conservatorio de Lausanne (Suiza), onde obterá no 1999 o “Diplôme Supèrieur” en piano e música de cámara. Tamén estuda con Chantal Mathieu e Edith Murano, tendo a ocasión de asistir ao ensino de grandes compositores contemporáneos coma Gyorgy Kurtag e Mauricio Kagel.
Ao mesmo tempo, desenvolve unha importante laboura como pianista acompañante, froito do cal forma o dúo co tenor colombiano Humberto Ayerbe Pino, que o levará a tocar en Suiza e España.
No 2001 prodúcese o seu debut como director de orquestra, nun programa do Ensemble “Kypris” de Lausanne, nun concerto con obras de Edison Denisow e retransmitido en directo pola RSR2 (canal clásico da Radio Suisse Romande), o cal o anima a optar a unha praza na prestixiosa clase de dirección de orquestra da “Hochschule für Musik” de Zürich dirixida polo profesor Johannes Schlaefli, que obten en Xuño do 2003. Dende ese intre dirixe habitualmente en Suiza, República Checa e Bulgaria, beneficiándose dos consellos de mestres da categoría de Pierre Boulez, Ralf Weikert, Peter Eötvos e Jesús López Cobos ademais de continua-la súa intensa actividade de pianista correpetidor.
Asemade traballa como asistente do director francés Nicolas Chalvin, co que colabora nas produccións operísticas “O Nariz” de D.Schostakovitch na Ópera de Nantes-Angers (Francia) (coa “Orchestre National des pays de la Loire”) e “Carmen” de G. Bizet na Ópera de Lausanne (coa Orchestre de Chambre de Lausanne, OCL), ambos espectáculos postos en escea por Patrice Caurier e Moshe Leiser.
En Xuño do 2006 obten o “Diplom in Orchesterleitung”.
Recentemente foi invitado pola JONDE (Joven Orquesta Nacional de España), no cadro do seu encontro de xóvenes directores, pola OFM (Orquesta Filarmónica de Málaga), e encárgase da dirección musical de “Rita” de Donizetti no festival de Ópera de Vigo 2007.