Este proxecto nace coa idea de recopilar o repertorio para frauta e piano creado por compositores galegos de diferentes épocas e estilos, expoñendo a obra ao público, que ata o de agora non tivera a oportunidade de apreciala dun xeito global,  deixando constancia desa realidade en forma de arquivos impresos e sonoros.

Outro dos aspectos interesantes do proxecto é o traballo de interpretación que sobre estas obras realiza o dúo, en moitos dos casos en colaboración directa cos compositores, (alguhas destas obras son estreas absolutas) asegurando o rigor interpretativo que as obras merecen e marcándose como obxectivo conseguir interpretacións que sirvan de referencia ás persoas que decidan achegarse a este repertorio.

Por outra banda e para asegurar o millor dos entendimentos posibles, este proxecto inclue unha proxeción nunha pantaia no mesmo escenario de, fotos, datos biográficos e reflexións dos compositores durante a interpretación das súas respectivas obras.

Poñer en valor as fontes creativas de vangarda no noso país é unha obriga que temos para asegurarnos un futuro como pobo, nun mundo que tende a globalizar ate o pensamento.


Diego e Luis.

PROXECTO - GALICIA XXI

MÚSICA PARA FRAUTA E PIANO

DE

COMPOSITORES GALEGOS

R.Groba "Mímesis"


As nosas fotos






Proximos concertos





Enlaces de interese


http://www.diegogr.com


http://www.gulans.com


www.espazossonoros.org


http://www.viastellae.es


http://www.rtve.es/podcast/radio-clasica/musica-sobre-la-marcha/   



Galicia XXI estrea canal YouTube

http://www.youtube.com/user/galiciaXXI

Visítanos¡¡¡¡¡

Galicia XXI - MÚSICA SOBRE LA MARCH. Foi o Venres 4 de Decembro as 15/h en directo, dende a Fundación Juán March de Madrid no programa MSLM que dirixe e presenta Fernando Palacios. Unha hora de música e conversa.


http://www.rtve.es/podcast/radio-clasica/musica-sobre-la-marcha/