PROXECTO - GALICIA XXI

MÚSICA PARA FRAUTA E PIANO

DE

COMPOSITORES GALEGOS

RECORTES DE PRENSA

Artículo:

CADERNO ABERTO

Compositores galegos actuais

MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO

Galicia-Hoxe - 18.11.2007

Compositores galegos actuais

MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO


En máis dunha ocasión téñome referido aos compositores galegos actuais, a maioría deles agrupados na Asociación Galega de Compositores, unha entidade que acaba de celebrar este ano mesmo dúas décadas de existencia.

Na actualidade conforman a AGC vinteún socios numerarios, compositores todos eles en activo, con nomes tan prestixiosos e recoñecidos, entre outros, como Carlos López García, Paulino Pereiro, Juan Durán, Xavier de Paz, Joam Trillo, Margarita Soto, Xoán Viaño e Juan Vara. A AGC creouse hai vinte anos na cidade da Coruña coa fin básica ou principal de "divulgar e promover" a creación musical dos compositores galegos do noso tempo, e a día de hoxe os arquivos sonoros da Radio Galega e de RNE –labor realmente exemplar e meritorio– conteñen numerosas gravacións de concertos protagonizados por obras dos nosos compositores.

O último concerto celebrado até a data con obras de autores galegos tivo lugar na Fundación Luis Seoane, no marco dos actos que tiveron lugar co gallo da entrega do Premio de Narrativa Breve Repsol YPF 2007, galardón que recibiu a escritora Anxos Sumai. Margarita Viso, Xoán Antón Vázquez Casas e Paulino Pereiro foron os tres compositores con obra executada –dúas estreas mundiais incluídas: Vázquez Casas e Paulino Pereiro– e a calidade interpretativa do Grupo Musical Siglo XX, dirixido por un violinista excepcional, Florian Vlashi, serviu para demostrar unha vez máis o altísimo nivel artístico e estético dos compositores galegos actuais. Observándomos a reacción do público, e este foi o caso, demóstrase que estamos diante dun verdadeiro fenómeno creativo e cultural.

Foi un descubrimento para min a obra do ourensán Vázquez Casas, reafírmome na gran madurez formal que atinxe Margarita Viso e celebro a profundidade emotiva dunha obra de Paulino Pereiro extraordinaria: Melodía galega para cuarteto de corda. Op. 151. Tanta formación, tanto traballo, tanto talento e tanta beleza musical non poden pasar desapercibidas entre nós. Se así ocorre, este país non ten futuro.

R.Groba "Mímesis"


As nosas fotos






Proximos concertos



Enlaces de interese


http://www.diegogr.com


http://www.gulans.com


www.espazossonoros.org


http://www.viastellae.es


http://www.rtve.es/podcast/radio-clasica/musica-sobre-la-marcha/