GALICIA-XXI
Frauta Piano Programa de concerto Escóitanos
Album de fotos
Míranos
Contactos
Webs amigas
Calenario de concertos Caixa de Pandora
 

 

PROXECTO- GALICIA XXI

 

Este proxecto nace coa idea de recompilar o repertorio para frauta e piano creado por compositores galegos de diferentes épocas e estilos, expoñendo a obra ao público, que ata o de agora non tivera a oportunidade de apreciala dun xeito global,  deixando constancia desa realidade en forma de arquivos impresos e sonoros.

Outro dos aspectos interesantes do proxecto é o traballo de interpretación que sobre estas obras realiza o dúo, en moitos dos casos en colaboración directa cos compositores, (alguhas destas obras son estreas absolutas) asegurando o rigor interpretativo que as obras merecen e marcándose como obxectivo conseguir interpretacións que sirvan de referencia ás persoas que decidan achegarse a este repertorio.

Por outra banda e para asegurar o millor dos entendimentos posibles, este proxecto inclue unha proxeción nunha pantaia no mesmo escenario de, fotos, datos biográficos e reflexións dos compositores durante a interpretación das súas respectivas obras.

Poñer en valor as fontes creativas de vangarda no noso país é unha obriga que temos para asegurarnos un futuro como pobo, nun mundo que tende a globalizar ate o pensamento.

 

gg

 

© Pailarocos-Art
Tódolos dereitos reservados