Guláns.com
Historia
Situación
Xentes
Banda de Música
Rutas
Turismo Rural
Gastronomía
Patrimonio
Actividades
Enlaces

Poema

Comunidade de Montes
Album
   
 

 

"Guláns, terra nos"

Revista editada na parroquia.

Artigo escrito por Francisco Gonzalez Groba

A CASA DA SOCIEDADE
(UNIÓN E ESFORZO)

 

A casa da sociedade é un precedente importante dos froitos que dá a unión e o esforzo duna colectividade.E parécenos oportuno lembra-los pasos que se deron para a súa construcción e posterior restauración. Os promotores de Sociedade (a xeración dos nosos avós) buscaron na asociación unha serie de obxetivos que, en definitiva, tiñan un lugar común: mellora-la vida dos vecinos e veciñas de Guláns.

Segundo información recollida do decenario "El Tea", o día 16 de novembro de 1912, a Sociedade de Agricultores de Guláns, com máis de 150 socios, acordou adquirir con fondos existentes a casa (en ruinas) pertencente a Manuel Bonete e José Prego. Co obxecto de reedificala e ser destinada a domicilio social.

O día 17 de xuño de 1913, esta misma sociedade acorda adquirir no mesmo lugar a parte da casa de Manuel Grobae, así mesmo, amplia-lo proxecto inicial, é dicir, facela máis grande do que pensaban. Quedou en 12 metros de longo por 8 de ancho. Nesta mesma data tamén deciden anuncia-la poxa para a construcción do domicilio social. Ó mesmo tempo abría unha subscrición popular que, poucos días antes da inauguración da casa, alcanzaba a cifra de 846 pesetas, e que xunto coas achegas que fixeron os emigrantes en America (enviaron tres remesas de donativos, a última de 368,65 pesetas) costearon as obras. Os vecinos tamén colaboraron pondo algunha man de obrae aportando algún material.

As obras de cantería e mampostería remataron en setembro de 1914.A casa foi inagurada o día 12 de setembro de 1915, ás tres da tarde con grande vistosidade. As representacións das Sociedades de Agricultores do distrito que acudiron a este acto (Padróns, Celeiros e Cristiñade) foron recibidas no barrio da Cruz. Dende alí iniciouse unha comitiva que encabezaban estas representacións xunto coa de Guláns e que cerraba a Banda de Música desta parroquia. O acto inagural durou dúas horas, xa que se pronunciaron emocionados discursos pola satisfacción do obxetivo acadado e a continuación houbo festa con música e foguetes ata ben entrada a noite.Esta casa que resultou unha honra para aquela senté e que todos nós consideramos un patrimonio propio, por razóns de tipo historico que todos coñecidas, estivo durante bastantes anos nun estado de semiabandono, pero no 1988 fixoselle unha restauración que consistiron en substituir os deteriorados pisos de madeira por unhas planchadas de formigón co correspondente terrazo, as portas e ventás de madeira, por outras de aluminio; o tellado, prácticamente derruido, por outro coa tella sobre unha estructura de cemento; ademais, acondicionamento interior (baixo, primeiro andar e ático), e dotación de servicios hixiénicos. Tamén se realizou o encintado exterior, o pintado dos aleiros e colocouselle unha varanda ás escaleiras.

Desde a súa rehabilitación, continúa prestando un grande servivcio, xa que na actualidade é a sé da Escola de Música, da Sociedade de Agricultores, da Asociación de Vecinos, da Comunidade de Montes (onde teñen as oficinas), é local de ensaio da "UNIÓN", ademais doutras moitas actividades; por exemplo os aspirantes a goberna-lo Concello de Ponteareas /e que algúns conseguírono) fixeron alí moitas promesas que ían realizar en beneficio de Guláns. O seu cumprimento coidamos que non o podemos pér en dúbida, nembargantes temos que esperar porque o tempo é a mellor testemuña. Agradaríanos que estes reponsables municipais promovesen, dentro das súas posibilidades, medidas que permitan que os verdadeiros donos da casa e doutras instalación (os vecinos de Guláns) dispoñan duna documentación acreditativa de tal circunstancia, debido a que na Guerra Civil estas casa foron requisadas e na actualidade pertencen o Concello.Estas obras de restauración da Sociedade, foron financiadas en varias fases pola Comunidade de Montes, con donativos dos veciños e cunha axuda da Banda de Música tiveron a súa xustificación na necesidade de conservar un valioso patrimonio que os nosos ascendentes , con tenacidade e esforzo, conseguiron levantar.


Francisco Gonzalez Groba

 

Casa da Sociedade