Guláns.com
Historia
Situación
Xentes
Banda de Música
Rutas
Turismo Rural
Gastronomía
Patrimonio
Actividades
Enlaces

Poema

Comunidade de Montes
Album
   
 

 

Poema adicado a Guláns polo director honorífico da Unión, Hipólito Fernandez

Con agarimo ó pobo e
á banda de música de Guláns.

Por

Hipólito Fernandez

Guláns, Guláns,
dourada proa
de lembranzas e concertos
Alfareiro tenro
de poetas e cantores.
Inmorrente música
de nostalxias longas,
glorioso diapasón
de bos compositores.

Guláns, Guláns,
fermoso nome,
pequena Salzburgo
de estirpe nobre.

No morral dos meus días
sempre cheo de luz
ó solpor da nostalxia
axudoume a escribir
esta historia de amor
que hoxe fala de ti.
Atopei mil camiños
de acacias en flor
de soños azuis
e brillantes pombas.
E na fonte do tempo
de augas sereas
bebín mil segredos
de brétemas novas.

Guláns, Guláns,
fermoso nome
pequena Salzburgo
de estirpe nobre.

Entre soles e lúas
bicándonos xuntos
tal vez sen sabelo
abriches amante
a tépeda fiestra
do teu corazón.
En tardes coma ésta
para min escolleitas
ó compás das gaitas
mesturado co vento,
trouxeches o eco
dos nosos ancestros.
Eran tardes aquelas
de bandas e orquestras
festexando na praza
o Patrón San Xulián.
Alí estaban os nenos
os mozos e vellos
escoitando o concerto
e falando de paz.
¡ Cantas conversas
e cantos amigos !
¡ Cantos sorrisos
e cantos murmurios !
¡ Cantas cantigas
e troilas e ritmos !
Meu pobo de pobos
Outeiro de Foxo,
Groba e Casal,
feitizos e sonos,
anacos de vida.
¡ Terra de Guláns !

Na alma do mundo,
partitura branca,
haberá algún día
unha páxina grande
onde estén os homes
que che diron tanto.
Alí refuxindo
anotarán os anxos
o nome dos Grobas,
Feliciano Barreras,
Benigno Prego,
José Carracedo
e tantos e tantos.

Guláns, Guláns,
gardián de esperanza,
hoxe en Galicia,
en Bélxica onte,
eu vexo o futuro
nestas caras sinceras
dos múxicos xoves.
E por riba dos lindes
que os mapas marcan
ti tes esa arte
que une os espíritos,
a única crenza
dos pobos máis nobres.

Entre soles e lúas
bicándonos xuntos
tal vez sen sabelo
abriches amante
a tépeda fiestra
do teu corazón.
En tardes coma ésta
para min escolleitas
ó compás das gaitas
mesturado co vento,
trouxeches o eco
dos nosos ancestros.
Eran tardes aquelas
de bandas e orquestras
festexando na praza
o Patrón San Xulián.
Alí estaban os nenos
os mozos e vellos
escoitando o concerto
e falando de paz.
¡ Cantas conversas
e cantos amigos !
¡ Cantos sorrisos
e cantos murmurios !
¡ Cantas cantigas
e troilas e ritmos !
Meu pobo de pobos
Outeiro de Foxo,
Groba e Casal,
feitizos e sonos,
anacos de vida.
¡ Terra de Guláns !


Guláns, Guláns,
morral dos meus soños
aroma do ceo
bico dos deuses
semente de anxos
pobo de pobos,
onde a música nace
de xente sinxela
e espállase lonxe
polos vieiros da terra.

Hipólito Fernandez

Arriba