Guláns.com
Historia
Situación
Xentes
Banda de Música
Rutas
Turismo Rural
Gastronomía
Patrimonio
Actividades
Enlaces

Poema

Comunidade de Montes
Album
   
 

 

 

 

Como podendes ver, nun recuncho apartado do noso planeta terra, está Guláns.

Esta pequerracha aldea pertencente ó concello de Ponteareas atópase a pouco menos de trinta kilómetros da importante cidade de Vigo, así como a oitenta da cidade das burgas (Ourense). Portugal témolo a pouco máis de dez kilómetros si entramos por Salvaterra. Monçao será a primeira vila do pais irmán que pisaremos

 

 

Para chegar ata alí (Guláns) temos moitas opcións:

En avión: O aeroporto de Vigo atópase a vintecinco kilómetros, con voos nacionais e algun que outro intenacional.

En barco: No porto marítimo de Vigo, operan as máis importantes compañias de transporte marítimo de pasaxeiros.

 

 

En coche:

  • Dende Vigo

    Saido pola N.120 direción Ourense, colleremos a saida 133 despoia de pasar a localidade de O Porriño, para seguir sempre en dereción Ourense ata chegar a Areas, tres kilómetros antes de Ponteareas, onde atoparemos unha estrada que sae pola direita e que nos levará catro kilómetros despois ó corazón de Guláns.

     

  • Dende Ourense:

    Collendo a autovía das Rias Baixas en dirección Vigo, sairemos en Ponteareas para dende alí seguir pola N.120 ata Areas, en onde colleremos a estrada que sae pola esquerda.

     

  • Camiñando:

    Si andando se pode chegar a Roma...por que non a Gulans?.

    Ánimo, os bos sitios so están lonxe na cabeza, e Guláns é sen lugar a dúbidas un bó sitio.

    *Folga dicir que serédes tod@s benvidos.