© quintetorfg
Quinteto de Vento
da
Real Filharmonía de Galicia
Manuel Veiga - Fagot
Comeza os seus estudos de fagot á idade de 13 anos co fagotista Gezim Malaj e no Conservatorio de A Coruña con Emilio Ubach.
Estivo na Xove Orquestra Nacional de España e formou parte da Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia e da Escola de Altos Estudos Musicáis, estudando nesta última durante catro anos co fagotista principal da Real Filharmonía de Galicia Juan Carlos Otero.
Formouse no Conservatorio Superior de A Coruña con Jesús Coello e Luis Domínguez, e no Conservatorio Superior do País Vasco (Musikene) con David Tomás Realp.
Recibiu clases e realizou cursos con fagotistas como Vicenzo Menghini, Juan Enrique Sapiña, Janos Mezzaros, Francisco Alonso, Steve Harriswangler, Vicente Alario e Juan Pedro Fuentes, entre outros, así como formación camerística por parte de diversos instrumentistas de vento da orquestra Filharmónica de Nueva York, da Sinfónica de Galicia e da Real Filharmonía de Galicia.
Recentemente se estrou como compositor cunha serie de pezas breves para trío de corda interpretadas no Conservatorio Profesional de Pontevedra, ó cal tamén foi invitado como solista.
Na actualidade ocupa a praza de fagot coprincipal da Real Filharmonía de Galicia, da que forma parte dende o ano 2004.