© quintetorfg
Quinteto de Vento
da
Real Filharmonía de Galicia
O Quinteto de Vento da Real Filharmonía de Galicia nace coa idea de presentar o inmenso repertorio que hai escrito para esta formación, poñendo especial atención no espazo musical galego no que contamos cun amplo e variado catálogo.
Nesta primeira andaina faremos xustiza ao rescatar a música do decano dos nosos compositores: Carlos Lopez García-Picos.
Os cinco membros que forman o quintetorfg contan cunha dilatada experiencia tanto no mundo orquestral coma no camerístico.