ÁLVARO QUINTANILLA MARFUL Violoncello

◀︎◀︎

DSC_5136

Nace en Madrid. Comeza os seus estudios de violoncello co seu pai Álvaro Quintanilla Kyburz, (solista da Orquestra Nacional de España) e posteriormente no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid cos profesores Pedro Corostola e Rafael Ramos. 

Paralelamente realiza os seus estudios de música de cámara co profesor Luis Rego. Asiches a cursos de perfeccionamento con Reine Flachot, Daniel Grosgurin e Alexandra Frantseva, entre outros.

Durante os seus anos de estudio é nomeado solista da Nova Orquestra da Comunidade de Madrid, actuando entre outras salas na Philarmonie de Berlín.

Colabora coa Orquestra Cidade de Málaga, Orquestra de Cámara "Vila de Madrid" e Orquestra Nacional de España ao longo de dez tempadas, traballando con algúns dos máis importantes directores e solistas do momento.

Comprometido coa música actual, forma parte do grupo Cosmos 21 dirixido por Carlos Galán, co cal estreou máis de medio centenar de obras en España, Italia e Latinoamérica. Así mesmo realizou gravacións para R.N.E e actua en diferentes festivais e ciclos na Fundación Juan March, Círculo de Belas Artes, Fundación Marcelino Botín, Museo Reina Sofía, Centre de Cultura Contemporània de Valencia e Auditorio Nacional de Música.

No ano 2006 interpreta un dos papeis solistas da obra de Carlos Galán "Concerto Grosso para o cosmos Op. 62" na súa estrea absoluta no Auditorio Nacional de Madrid e acompañado pola ORCAM.

Na súa faceta pedagóxica foi invitado a impartir clases de violoncello no Conservatorio Nacional de Música de Paraguai, Nicaragua e El Salvador.

Na actualidade e dende o ano 2004 imparte clases de violoncello no Conservatorio Superior de Música de Vigo.


◀︎◀︎