Taller Atlántico Contemporáneo (TAC)

shapeimage_3

O TAC acada o “Premio da Crítica Galega” na edición do 2013, polo proxecto “Os Seráns do TAC”

Tamén en 2013 este grupo recibe o “Premio da Música” na categoría de Música clásica e contemporánea nos “Primeiros Premios Galegos da Música”.

O TAC iniciou a súa andadura en Marzo de 2010 na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela coa obra de Mauricio Kagel Eine Brise, para 111 ciclistas. Quixo reivindicar dende un principio, por un lado a cercanía que a música contemporánea pode ter para calquera tipo de público, e por outro a posibilidade de facer concertos introducindo novos elementos.

En Xuño do mesmo ano colocou un piano de cola no faro de Fisterra para interpetar íntegramente a obra de Satie Vexations, 18 horas de piano ininterrumpidas. Nesta ocasión contouse coa colaboración de 27 pianistas.

Paralelamente a este tipo de repertorio, abordou no CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea) un ciclo de seis concertos adicados á música de compositores galegosescritas para diversas formación de ensemble.

Xa en 2011 continúa no CGAC cun ciclo de tres concertos que tratará de achegar ao público unha pequeña mostra do repertorio que se fixo fóra das nosas fronteiras dende mediados do século XX até a actualidade. Escolléronse obras de Crumb, Schnittke e Berio. 

En Xullo de 2011 actuaron no Festival Via Stellae có grupo Siniestro Total nun concerto (LAND OF OPPORTUNITY)conxunto donde tocaron música da formación viguesa arranxada por Javier López de Guereña para o TAC.

Ao longo de 2011 organizaron na Cidade da Cultura o ciclo“Os SERÁNS do TAC” que incluían música contemporánea, humor e gastronomía.

O TAC é un grupo estable, de formación aberta e ten como director artístico a 


Diego García Rodríguez.



tac2


Descarga o CV do TAC

 

CV TAC Gal.PDF

CV TAC Castellano.PDF

CV TAC English.PDF