Diego García Rodríguez
Director Musical do TAC

shapeimage_2

Diego é regularmente invitado a dirixir  orquestras e teatros de ópera en Polonia, Francia, Inglaterra e España. Dos seus compromisos destacan a dirección musical do Requiem de G. Fauré e a 5ª Sinfonía de D. Schostakovitch coa "Akademicka Orkiestra i Chór AM Bydgoszcz", "Carmen" de G. Bizet  na "Opera Baltycka" (Gdansk/Polonia), a Orquestra nova da Sinfónica de Galicia, a estrea mundial de "It makes no Difference...", ópera de cámara do compositor Simone Spagnolo no festival "Tête à Tête" nos Riverside Studios de Londres, a súa colaboración coa Orchestre des Pays de Savoie e o Thêâtre de Caen (Francia) así coma os seus debuts coa Real Filharmonia de Galicia e Orquestra Sinfónica de Galicia. 

Diego é o director artístico e musical do Taller Atlántico Contemporáneo (T.A.C.), ensemble co que desenrola unha intensa actividade a prol da música contemporánea e da colaboración con outras disciplinas artísticas, a través de ciclos como "Os Seráns do TAC", estreas de obras de compositores galegos e o proxecto "Land of Opportunity" co grupo Siniestro Total e o compositor Javier López de Guereña.

No 2011 foi director musical da producción do Centro Dramático Galego "A Ópera dos tres Reás", con dirección escénica de Quico Cadaval e protagonizada por Luis Tosar.

Como asistente traballou no Teatro Real de Madrid na tempada 2010-2011 con Paul Daniel na producción "Król Roger" de K. Szymanowsky e con Josep Pons na producción "The turn of the screw" de B. Britten. En Francia asistiu a Nicolas Chalvin no de Théâtre Caen en "La Traviata" de G. Verdi e na ópera de Nantes-Angers  en "Le Nez" de D. Schostakovitch. 

Estudou con Diego Masson nas edicións 2009 e 2010 da Dartington International Summer School, dirixindo no Dartington Great Hall “Madama Butterfly” de Puccini e “Le nozze di Figaro" de Mozart.

O "London Sinfonietta" selecciónao para participar no seu primeiro programa de xóvenes directores na "London Sinfonietta Academy 2010".

Pianista de formación forma o proxecto "Galicia XXI" xunto co frautista Luis Soto.

Naceu en Escarabote (A Coruña)

http://www.diegogr.com

1485110 640028102748711 6867099529681886643 n