Il Segreto di Susanna

A Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela estrea no Teatro Principal a súa segunda produción operística. A montaxe reune en escena ao Taller Atlántico Contemporáneo (TAC), ao actor e dramaturgo Cándido Pazó, á soprano moldava Clara Jelihovschi Panas e ao barítono Javier Franco.

24991186 1547450475339798 1275961250956242173 n-2



Il segreto di Susanna é unha ópera cómica nun acto. Un tour de force dun pequeno segredo que vai medrando á par que a inseguridade e a desconfianza de Gil, o marido de Susana; un matrimonio novo que reside no noroeste italiano de Piamonte. A moza omitiu comentarlle ao seu recente esposo que tiña o hábito de fumar ás agochadas. Gil, pola súa parte, decátase do cheiro e pensa que a súa esposa lle é infiel. Inquedo, trata de pescala in fraganti desenvolvendo case unha escena de vodevil na que o seu mordomo, Sante, cómplice de Susanna, xogará un papel fundamental. A peza, polo tanto, xira ao redor da intimidade,  os segredos, o vicio e os celos, aínda que abordados de xeito inxenuo e sinxelo.

Candido Pazó asume a dirección artística desta peza na que tamén interveñen dous dos seus colaboradores habituais no ámbito escénico:o recoñecido escenógrafo Carlos Alonso e o reputado iluminador Afonso Castro. Diego García, dirixe ao Taller Atlántico Contemporáneo no apartado musical. Os intérpretes que conforman o TAC para esta produción son: James Dahlgren (violín), Nazaret Canosa (violín), Ioana Ciobotaru (viola), Millán Abeledo (violoncello), Alfonso Morán (contrabaixo) e Nicasio Gradaílle (piano). Os seus sons acompañarás as voces dos xas citados Javier Franco e Clara Jelilohvschi Panas, que encarnan os roles protagonistas.


https://www.facebook.com/operacompostela/

https://www.facebook.com/tac.gl

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2017/12/13/estrenan-opera-il-segreto-di-susanna-elenco-gallego/0003_201712G13P33991.htm

https://www.codalario.com/criticas/codalario/criticas_5_1_ap.html


L1155262


L1155243


L1155433