Rafa Yebra Saxofón

◀︎◀︎

DSC_3810

Nace en Sobrado do Bispo (Ourense) onde ten o seu primeiro contacto coa música comezando os seus estudos no Conservatorio da dita capital, estudos que rematará no Conservatorio Superior de Música da Coruña.

Xunto a estes estudos de carácter oficial realiza outras actividades formativas como a participación en diversos Seminarios, entre os que cabe destacar o Seminario de Saxofón Contemporáneo da Escola de Altos Estudos do IGAEM (Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais), impartido por A. Gomis;  Seminarios de Saxofón impartidos por J. M. Londeix e M. B. Charrier. Así como a participación en distintos cursos de análise e teoría da música, como os estudos de especializacion musical da Universidade Alcala de Henares.

Comeza o seu labor profesional na Banda Municipal de A Coruña, da que forma parte ata o ano 1992, momento no que comeza unha actividade profesional dedicada á docencia nos Conservatorios de Ferrol, Pontevedra e Vigo. Actualmente é profesor de saxofón no Conservatorio Superior de Música de Vigo e coordinador dos cursos Saxornadas.

Paralelamente á súa actividade docente realiza concertos como solista, co Ensemble de saxofóns S@x 21 e colabora con diferentes grupos e compositores, apostando pola creación artística e  pola difusión da música actual.

No ano 2009 crea o grupo MULTIPLENSEMBLE, agrupación que se presentou por primeira vez  no Festival ARE MORE 2009, cun ciclo monográfico adicado ao compositor alemán K. Stockhausen en colaboración co GOETHE INSTITUT de Madrid.

 

CONTACTO: rafaelyebra@gmail.com