Seráns na Cidade da Cultura (I) 2011

◀︎◀︎

Os SERÁNS do TAC  (Na Cidade da Cultura)


O título que engloba este proxecto, Os seráns do TAC, toma como argumento principal  o serán, unha celebración propia da nosa cultura tradicional, que forman parte do elenco de festas participativas e organizadas polos veciños de diferentes aldeas e parroquias que se reúnen para tocar, bailar e comer nos días nos que non hai festa ou patrón que celebrar, sempre cara á tardiña, no serán.


Retomando o argumento antropolóxico desta festa popular, o Taller Atlántico Contemporáneo propón achegar dous mundos que en principio parecerían, senon opostos, si moi distantes entre sí, a música clásica contemporánea e unnha foliada, amosando que é posible un achegamento a ese mundo, a priori tan inaccesible e descoñecido da música contemporánea, dun xeito festivo e ameno, recreando os elementos básicos da festa dos seráns.


Como trasunto dos diferentes aspectos antropolóxicos das festas dos seráns, o proxecto prevé tamén complementos á programación musical ao integrar nel os elementos humorístico e culinario, sen perder de vista o prisma da contempornaidade.


Para dar entrada ao anunciado elemento humorístico, cada concerto será presentado por un actor galego, que introducirá aos espectádores, dun xeito ameno, no contexto das obras que escroitarán ao longo dos diferentes programas. O humor servirá así de nexo para un maior e mellor entendemento dunha música descoñecida para o grande público, aportando desta maneira, un valor engadido aos concertos.


Tres persoeiros galegos participarían como presentadores nesta proposta: os actores Carlos Blanco e Kiko Cadaval e o polifacético cantante Julián Hernández.


O círculo pecharase grazas a un elemento culinario de vangarda, representado na cociña de vangarda feita en Galicia. Para cada concerto, un cociñeiro elaborará unha tapa que será servida ao final de cada cita, inspirada nalgún dos aspectos dos programas de concerto.


O serán quedará deste xeito representado, nos seus múltiples aspectos, nun proxecto de múltiples dimensións e lecturas, capaz de satisfacer a moi diferentes públicos con pretensións ben diferentes.

Album de fotos

thumb-3

1

G. Mahler - Sinfonía Nº IV en Sol Maior para Soprano e orquestra.

Arranxo de Klaus Simon para orquestra de cámara.

Elena de la Merced, Soprano

21 de Xuño

Presenta: Carlos Blanco

Restaurante: Eirado da Leña

2

TAC /ODAIKO

X.Mariño Concerto  para frauta e catro percusionistas (Encargo TAC)

Luis Soto, frauta travesa

J. Cage, Fads Fancies in the Academy para piano e 4 percusionistas 

Nicasio Gradaille, piano

Performance ODAIKO

28 de Xullo

Presenta: Quico Cadaval

Restaurante: Abastos 2.0

Pola tarde (18/h): Taller didáctico para público de tódalas idades.

Presenta: Javier María Lopez.

NOTA:

Para o Taller didáctico (18/h) os nenos poden levar os seus instrumentos para ser parte activa do TALLER.


3

Diego Masson dirixe ao TAC

As 18/30 do Martes 6 de setembro:

Mesa redonda con Diego Massón, moderada por David del Puerto.

DSC_1213
Masson-D-229370110
Der Dirigent Diego Masson, photographiert am 23.05.2004 im WDR Koeln.

Aberto a tódolos públicos.

Programa de concerto:

Dallapiccola: "Piccola Musica Notturna" (inspiré par un poëme de Antonio Machado ).

Francesconi: "Da Capo" 

David Del Puerto: "Concerto pour Hautbois"

Solista Oboe: David Villa.

Carlos L. García-Picos, Monitonadas

6 de Setembro

Presenta: Carlos Blanco

robapaginas_tac_low

Restaurante: Abastos 2.0

4

Serán Música Única.

T. Riley, In C (para calquera número de instrumentistas)

J. Cage «Imaginary Landscape No. 4» for 12 radios (24 performers)

G. Ligeti Poema Sinfónico para 100 metrónomos

15 de Novembro

shapeimage_5

Presenta: Julián Hernandez (Siniestro Total)

Restaurante: Pepe Solla


T. Johnson, A ópera das catro notas en un acto. 

Cristina Barriga, soprano

Mónica de Nut, contralto

Humberto Ayerbe Pino, tenor

shapeimage_6

Eliseu Mera, barítono

Piano: Nicasio Gradaille

Dirección: Diego García Rodríguez

Posta en espazo e presentación: Quico Cadaval

Versión en galego: Pepe Sendón

18 de Decembro ás 12 da mañá.

Presenta: Quico Cadaval

Restaurante: Eirado da Le


◀︎◀︎