Banda de música  "A unión de guláns"

 
 

  En 1870, en Guláns, aldea da vila de Ponteareas, provincia de Pontevedra, nace a banda de música “UNION DE GULÁNS", unha das máis antigas de Galicia.


   O seu fundador e primeiro director foi D. José Carracedo Dominguez. Por tradición familiar o seu fillo Constante e despóis o seu neto José, sucedérono coma directores, mantendo así viva esta agrupación musical ata o ano 1947.


    Da escola de música da "UNION DE GULÁNS" así como da participación na banda, xurdiron recoñecidos músicos, tanto a nivel instrumentista como directores e compositores. A xeito de exemplo podemos citar a D. Rogelio Groba Groba, director da "UNION DE GULANS" de 1947 a 1952 e posteriormente director da Banda de Música Municipal de A Coruña durante máis de vinte anos, sendo o mesmo tempo director do Conservatorio de Música da mesma cidade, consagrándose neste período como compositor de renome internacional.


    Igualmente importantes despóis de 1952 e ata 1959, foron as participacións na banda como directores de D. Miguel Groba Groba e D. Indalecio Fernández Groba. 0 primeiro é actualmente director do Coro e Orquesta de Cámara da Comunidade de Madrid e profesor do Real Conservatorio de Música desa cidade. 0 segundo foi director de Banda de Música da cidade de Lugo, sendo actualmente e sucedendo a D. Rogelio Groba, director da Banda de Música Municipal de A Coruña.


    A esta serie de directores gulanseses seguéronlle a partires de 1959 os foráneos D. Antonio Baquero, D. Francisco Rodríguez, D. José Fariñas e D. Rogelio Loureda, para en 1968 facerse cargo da batuta novamente outro discipulo da banda e gulansés: D. José Carracedo Pousada (bisneto do fundador), sendo baixo a súa dirección a "UNION DE GULÁNS" galardonada no concurso de bandas populares da cidade de Ourense en 1971 . En 1972 e por mor do traslado de D. José Carracedo o Real Conservatorio de Música de Madrid, sucédeo no cargo novamente outro foráneo: D. Javier Basoco, seguido de D. Plácido Lorenzo, D. José Aradas, D. Alfonso Méndez, D. José Guillén e D. José Oro-Val, ata fináis de 1982.


    No ano 1982 asume a dirección da banda outro xove do lugar, D. José Fernández Prego, que coma tódolos gulanseses anteriores é froito da formación musical que a agrupación mantén regularmente dende fai máis de cen anos. E así, chega a banda a fináis do 1991 no que de novo é necesario recurir a outro foráneo, neste caso o recoñecido músico Ourensán D. Hipólito Fernández Fernández, persoa que polos seus coñecementos, sensibilidade e entusiasmo constante conseguiu imprimir á "UNION DE GULÁNS" unha nova dinámica, elevando o nivel artístico-musical da mesma a tal punto, que zecais nestes intres, sexa o mellor de toda a súa historia.


    Durante estes últimos anos a batuta esta a cargo da xove promesa Srta. Alicia Porto, gulansesa e que como todos os seus conveciños que pasaron pola banda, xurde ela tamén da escola continua que a "UNION DE GULÁNS" desenvolve.


A "UNION DE GULÁNS", está constituida por 50 compoñentes na súa grande maioría xoves que ademáis de participar na escola da banda, estudian cursos profesionáis de música e é de significar que máis de 80% dos participantes na mesma son naturais e veciños de Guláns. A banda interpreta os máis diversos xéneros musicáis tales como: clásica, zarzuela, lixeira, típica galega...


A media anual de actuacións da "UNION DE GULANS" é de 50 espectáculos, distribuídos entre concertos, actos culturáis, recreativos, festas populares,... na súa maioría en Galicia. Destacamos como máis significativas as seguintes actuacións e participacións:


  1. 1979.- Grabación dun L.P

  2. 1985.- Participación na película "La Hora Brujá”.

  3. 1986.- Inauguración do audítorio "Reveriano Soutullo".

  4. 1989.- Participación no programa da TVG " 0 Son dun Pobo".

  5. 1991.- Actuación no colexio "San Agustín" de Salamanca.

  6. 1992.- Participacións nas festas "Brueguel" da cidade de Bruselas.

  7. 1993.- Participación no programa "Luar" da TVG.

  8. 1994.- Participación no programa "Galicia Enteirá' da TVG e actuación no programa "Desde Galicia para o mundo" de TVE.

  9. 1997.- Incripción da escola de música no Rexistro Oficial de Escolas de Música da Xunta de Galicia.

  10. 1998.- Grabación da agrupación, e edición en cinta casete.

  11. 2000.- Actuación no centro galego de LISBOA (PORTUGAL).

  12. 2001.- Homenaxe e nomeamento como director Honorífico a D.Hipólito Fernández Fernández.

  13. 2004 - Ultima grabación da agrupación, edición en CD

  14. 2006 – Participación no programa “Desde Galicia para o mundo” de TVE

  15. Participación anual nos festivais de bandas que se levan a cabo en Ponteareas, entre outros.

"A unión"

Unha banda con historia



 

HISTORIAL